INVESTIGANDO NO MUSEO

  O alumnado de 3º de visita no Museo de Pontevedra.

   

Da man dunha monitora levamos a cabo unha actividade de investigación e observación onde, a partir dunha selección de obras de diferentes artistas, profundizamos no valor da abstracción e da expresión a través das cores e das texturas.

Co noso caderno de "Detectives da arte" fomos polas distintas salas descubrindo a información que podemos atopar nas cartelas das obras expostas.

Ao longo das oito pistas suxeridas investigamos distintos xéneros de obras de arte e sobre a diferenza entre obras figurativas e abstractas.

 

 
Foi unha xornada de aprendizaxe moi interesante na que descubrimos a importancia da visión persoal e única de cada espectador ante as obras de distintos autores.