Curso 2013-14

Elaboración de pasta de dentes

Co gallo da celebración da Semana da Ciencia en Galego os alumnos e alumnas de 1º ciclo convertémonos en auténticos científicos.
Fixemos ciencia coa axuda de Chus, un monitor do Concello de Vigo, que veu realizar connosco un obradoiro sobre elaboración de pasta dentífrica, así que ademais de pór en práctica a nosa lingua galega elaboramos iso que nos facilita tanto a hixiene diaria: pasta de dentes.

Unha boa pasta de dentes faise simplemente con catro ingredientes: auga, arxila branca, un chisco de sal e unhas pingas de aceite esencial  do sabor que queiramos. Nós fixémola de limón.

Para que serve cada cousa?

A arxila branca arrastra a suciedade que queda entre os dentes.
O sal elimina as bacterias que se forma cos restos de comida.
O aceite esencial actúa como desinfectante.
A auga é necesaria para mesturar os ingredientes e facer a masa.

      

Animádevos a facelo na casa, é doado e divertido!

Para ver máis fotografías visita a nosa Galería de fotos

APRENDEMOS A ENCADERNAR

O pasado 15 de outubro o alumnado de 5º e 6º fomos facer un obradoiro ao Centro Cívico. Era a segunda parte do obradoiro "RECICLAXE DE PAPEL" que fixemos o curso pasado. Desta vez era "APRENDER A ENCADERNAR".

Primeiro a monitora fíxonos un resumo dos comenzos do papel ao longo da historia.

  

 Logo veu a parte práctica e máis interesante… Fixemos parellas e empezamos doblando doce folios reciclados, que levabamos, facendo coincidir as dobleces todas por un lado.

Suxeitámolos con tres pinzas metálicas e, dun Kit que nos deran a cada parella, sacamos un taco de madeira sobre o que puxemos as follas e cun punzón e martelo… ¡PUM, PUM! fixémoslle catro buracos.  

Despois tivemos que enfiar unha agulla grosa con cordel e pasala polos buratos anudando con forza cada dous. Case xa tiña xeito de libro pero … non estaba moi bonito.

Déronos a folla do que ía ser a portada: cortámola e tamén recortamos uns rectángulos que ían servir de reforzo nas esquinas.

Tivemos que facer seis buratos máis co punzón e o martelo e logo si: ¡A COSER!. Case ningún sabía pero coa axuda das profesoras e da monitora fómolo facendo: pasar para adiante volta sobre o mesmo e avanzar, logo dar a volta e anudar ben (esto era difícil).

Finalmente co pegamento pegámoslle os rectángulos de reforzo nas dúas esquinas, dobrando ben.

   

Fomos cunhas poucas follas todas descolocadas e viñemos cuns libros FEITOS POR NÓS.

Foi un obradoiro moi interesante e útil.

GRAZAS AO CENTRO CÍVICO TEMOS ESTAS ACTIVIDADES TAN CHULAS!!!!

Poderán ver máis fotos no enlace á nosa Galería

Distribuir contido