Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas por unidade de competencia

                           INSTALACIÓN E AMOBLAMENTO

                       ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS

Mecanizado de madeira e derivados

Unidade de competencia: UC0160_2

Listaxe

 

Instalación de mobles

Unidade de competencia: UC0163_2

Listaxe

Unidade de competencia: UC0164_2

Listaxe

Unidade de competencia: UC0165_2

Listaxe

Montaxe de mobles e elementos de carpintaría

Unidade de competencia: UC0171_2

Listaxe

Instalación de elementos de carpintaría

Unidade de competencia: UC0883_2

Listaxe

Unidade de competencia: UC0884_2

Listaxe

Unidade de competencia: UC0885_2

Listaxe

Unidade de competencia: UC0886_2

Listaxe

Mantemento de sistemas de transmisión

e forza de trens de rodaxe de

vehículos automóbiles

Unidade de competencia: UC0130_2

Listaxe

Unidade de competencia: UC0131_2

Listaxe

Mantemento de motores e os seus sistemas auxiliares

Unidade de competencia: UC0132_2

Listaxe

Unidade de competencia: UC0133_2

Listaxe

Mantemento dos sistemas eléctricos 

electrónicos de vehículos

Unidade de competencia: UC0626_2

Listaxe

Unidade de competencia: UC0627_2

Listaxe

Unidade de competencia: UC0628_2

Listaxe

                                                                                                 LISTAXE EXCLUIDOS

I Edición Concurso IDEA&EMPRENDE 2014 organizado polo Viveiro do CIFP A Xunqueira e AJE Pontevedra

 

              Se tes unha idea de negocio e queres que sexa valorada, ésta é a túa oportunidade.

¡Preséntaa ao concurso que organiza nuestro CIFP en colaboración con AJE! Prazo ata o 30 de maio inclusive.

Só tes que presentar o teu proxecto cumprimentando esta sinxela solicitude. Podes entregala directamente na Secretaría do CIFP ou enviala a este enderezo de correo: viveiro.cifp.xunqueira@edu.xunta.es , onde tamén podes solicitar máis información.

Os proxectos galardonados recibirán varios premios, dende un contrato de traballo ata tablets ou programas de formación.

Consulta as bases do concurso para coñecer os requisitos e os prazos co máis detalle.

 

 

Marcos Casás Janeiro gaña o premio a Seguridade no traballo no IX Concurso Nacional de estudiantes de ciclos formativos de Madeira e Moble

 

 

 

 

Marcos Casás Janeiro, alumno do segundo curso de Carpintaría e Moble, representando ao CIFP A Xunqueira de Pontevedra, gaña o premio a Seguridade no traballo no IX Concurso Nacional de estudiantes de ciclos formativos de madeira e moble que se celebrou en Madrid durante os días 3 e 4 de abril de 2014, organizado polo Departamento de Madeira e Moble do IES León Felipe de Torrejón de Ardoz.

 Este concurso está patrocinado pola empresa BOSCH.

 A proba do concurso consistiu na realización dunha caixa con asa, realizada durante de catro horas.

 A Asociación del Profesorado de Madeira e Moble, Profemadera, concede o premio especial ao concursante que realice a proba aplicando os mellores criterios de seguridade.

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS GRAO SUPERIOR 2014

Publicadas as listaxes provisionais de inscricións e exencións das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Período de reclamación: do 7 ao 10 de abril, no centro onde se presentou a solicitude.

Acceso ás listaxes

OFERTA DE EMPREGO: PINTOR/A DE CARROZARÍA

OFERTA DE EMPREGO ESPECÍFICA PARA O CIFP

Empresa: LIMA CARS CB

Localidade: Vigo

Requisitos: Técnico/a en Carrozaría. Recomendable experiencia no posto. Idade: menores de 30 anos.

Descrición: Contrato de formación.

Contacto: tfno.:986 461 531

 

IX Concurso Nacional de estudiantes de ciclos formativos de madeira e moble

 

Marcos Casás Janeiro, alumno do segundo curso de Carpintaría e Moble, representa ao CIFP A Xunqueira de Pontevedra, no IX Concurso Nacional de estudiantes de ciclos formativos de madeira e moble que se vai celebrar en Madrid durante os días 3 e 4 de abril de 2014, organizado polo Departamento de Madeira e Moble do IES León Felipe de Torrejón de Ardoz.

Este concurso está patrocinado pola empresa BOSCH

A proba do concurso consistirá na realización dun exercicio por cada participante, para el que se disporá dun máximo de catro horas.

O Tribunal do concurso terá en conta a hora de tomar unha decisión os aspectos seguintes:

A exactitude de las medidas.

Axustes e escuadrado.

Acabamento e remate do exercicio proposto.

O tempo total empregado na realización.

 Concederanse os seguintes premios:

1º PREMIO: DIPLOMA E INGLETADORA PROFESIONAL BOSCH.

2º PREMIO: DIPLOMA Y FRESADORA PROFESIONAL BOSCH.

3º PREMIO: DIPLOMA Y TALADRO PROFESIONAL BOSCH.

 A Asociación del Profesorado de Madeira e Moble concederá un premio especial ao concursante que realice a proba aplicando os mellores criterios de seguridade.

 Os centros dos alumnos premiados/as recibirán unha placa conmemorativa.

 Existe un acordo de que o Centro gañador se compromete a organizarla edición do ano seguinte.

 

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS DE FP (LOE). CURSO 2013-14

Convocadas as probas libres para obter títulos de Formación Profesional (LOE) de técnico e técnico superior.

Prazo de solicitude de admisión: do 19 ao 30 de abril.

Toda a información sobre a convocatoria (requisitos de participación, impreso de solicitude e documentación, calendario, oferta de ciclos, módulos e prazas por centro, ....) pode atoparse neste enlace

5º MEETING EUROPE JOB BANK

O CIFP A Xunqueira actúa como anfitrión dun grupo de docentes que se dan cita na cidade para coñecer o modelo de formación español como parte do proxecto Leonardo Europe Job Bank.

       

Profesores de FP, alumnos e empresarios de Turquía, Reino Unido, Rumanía, República Checa, Alemania, Lituania e Italia desplazaronse a Pontevedra os días 7 e 8 de marzo para celebrar o 5º Meeting Europe Job Bank organizado polo noso centro.

O obxectivo deste meeting é coñecer e compartir os diferentes modelos educativos dos oito países participantes no proxecto. A través dos encontros que se están realizando, búscase indagar no que as empresas queren, así como o que os profesores e alumnos desexan para que estes tres ámbitos estean interconectados co fin de facilitar o entendemento e a empleabilidade.

Os datos dos diferentes países obtéñense a través dunhas enquisas realizadas de forma previa a empresarios, alumnos e profeasores, e posteriormente, estes datos son presentados e analizados nas reunións periódicas que se están a realizar.

Durante a estancia na nosa cidade ademais das actividades académicas tamén realizaron outras de tipo lúdico, como visita ao casco histórico, sendo recibidos na casa das campás polo alcalde do concello Miguel Anxo Fernández Lores.

CURSO PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS NIVEL BÁSICO

Entidade: Centro ISSGA- Xunta de Galicia

Descrición: presencial, nivel básico (35 horas), do 7 ao 11 de abril en horario de mañá.

Localidade: Rande (Redondela)

Prazo: ata o 4 de abril

Inscrición:na páxina web http://issga.xunta.es

OFERTA DE NEGOCIO: TALLER AUTOMOCIÓN

Entidade: particular

Modalidade: aluguer ou traspaso

Condicións: negocio de 400 mcon todas as licenzas. Pechado desde o 31/01/2014 no lugar de Meira 42, Cuntis.

Prazo: aberto

Contacto: tfno.:629 851 534

Distribuir contido