blogue deSanti

Ana Santos Millán gaña o concurso de redacción: "coñece o teu concello"

A alumna de 6º de Educación Primaria, Ana Santos Millán, gañou o primeiro premio do concurso de redación coñece o teu concello, convocado por La Voz de Galicia, coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago. 

O concello visto con lentes especiais é o título co que Ana encabezou o seu relato, que poden ler a continuación:

O meu concello parece moi tranquilo, pero se souberades o que hai detrás...

Cinco velliñas moi laretas, que se decatan de todo; unha tenda onde todo é gratis, porque os meus veciños tiran as súas cousas no medio da leira principal; sete casas sen persoas e ninguén as quere comprar; os meus veciños de festa, porque sen traballo aínda están...

E así imos, pero o alcalde non ten nada que facer; coa tenda gratuíta estamos moi ben.

Tampouco fai falta xornal, que as velliñas xa nos chegan ben.

Por último de todo, aquí na parroquia, tendes que lembrar que nenos non hai, só estamos o can máis eu, e, se queredes, podedes vir xogar.

Ben, pois xa está, máis queixas non teño...., pero o concello é xenial!

Ana Santos Millán. 11 anos. 6.º de Primaria. CPI Antonio Orza Couto. Boqueixón.

Ponlle ritmo á túa saúde cos nenos/as de 5º de Ed. Primaria

Este ano académico os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria participan no Plan Proxecta, unha iniciativa da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

O proxecto elaborado leva por título: "ponlle ritmo á túa saúde" e está dirixido á todos os membros da comunidade educativa co obxecto de que melloren os seus hábitos saudábeis. Con este propósito, o alumnado creou un blogue con multitude de recursos dixitais (vídeos, enquisas, cancións, entrevistas) para poñer un gran de area na construción dunha sociedade que atenda ao seu ben máis preciado: a saúde.

Animamos a todas as persoas que o desexen a que accedan ao blogue e consulten o material elaborado por estes grandes investigadores/as. A continuación deixamos un pequeno adianto do que poden atopar:

Alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria asistirá á obra: estamos no verán!

Como vén sendo habitual durante o ano académico 2015-16, seguimos a gozar dunha tempada de teatro chea de novidades. Nesta ocasión, as nenas e nenos de 5º e 6º de Ed. Primaria asistirán o 30 de marzo á obra Estamos no verán, de Xoán Curiel.

A seguir poden visualizar un pequeno adianto do espectáculo:

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013