Ana Santos Millán gaña o concurso de redacción: "coñece o teu concello"

A alumna de 6º de Educación Primaria, Ana Santos Millán, gañou o primeiro premio do concurso de redación coñece o teu concello, convocado por La Voz de Galicia, coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Santiago. 

O concello visto con lentes especiais é o título co que Ana encabezou o seu relato, que poden ler a continuación:

O meu concello parece moi tranquilo, pero se souberades o que hai detrás...

Cinco velliñas moi laretas, que se decatan de todo; unha tenda onde todo é gratis, porque os meus veciños tiran as súas cousas no medio da leira principal; sete casas sen persoas e ninguén as quere comprar; os meus veciños de festa, porque sen traballo aínda están...

E así imos, pero o alcalde non ten nada que facer; coa tenda gratuíta estamos moi ben.

Tampouco fai falta xornal, que as velliñas xa nos chegan ben.

Por último de todo, aquí na parroquia, tendes que lembrar que nenos non hai, só estamos o can máis eu, e, se queredes, podedes vir xogar.

Ben, pois xa está, máis queixas non teño...., pero o concello é xenial!

Ana Santos Millán. 11 anos. 6.º de Primaria. CPI Antonio Orza Couto. Boqueixón.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013