Con motivo da celebración no noso centro da Semana Cultural o alumnado de 4º de Primaria baixo a batuta das suas titoras, as profesoras Mari Carmen Midón e Marisa Lodeiro, e coa colaboración do Equipo de Dinamización da Biblioteca elaboraron este vídeo adicado a Vidal Bolaño como conmemoración do Día das Letras Galegas 2013, día a quen se lle adicou a este escritor.
XA ESTAMOS REMATANDO A 2ª EDICIÓN DO BIBLIOLABIRINTO.
Coa entrega das 11ª e 12ª claves o xoves 29 de abril rematamos xa coas claves da 2ª edición do Bibliolabirinto. A vindeira semana xa se coñecerá ao equipo gañador.
Enhoraboa aos que seguides e aos outros ánimo e a preparar a 3ª edición que vai a estar moito máis chuli.
Despois de 10 claves os equipos que continuan en competición son: ADI - BOGAS - BOQUEIXÓN - ELI - ELO - LAUMAR e SURFISTAS
Como vedes, pouco a pouco van quedando menos.
¡ANIMO!
Podes ter moita máis información do xogo e imprimir a clave correspondente pinchando aquí (bibliolabirinto)
Coa entrega da 10ª clave o xoves 22 de abril continuamos unha semana máis co noso xogo. Enhoraboa aos que seguides e aos outros ánimo e a preparar a 3ª edición que vai a estar moito máis chuli. Despois de 9 claves os equipos que continuan en competición son: ADI - BOGAS - BOQUEIXÓN - ELI - ELO - LAUMAR e SURFISTAS Como vedes, pouco a pouco van quedando menos. ¡ANIMO! Podes ter moita máis información do xogo e imprimir a clave correspondente pinchando aquí (bibliolabirinto)
Con motivo da celebración da 1ª Exposición de Material Impreso antes do 1960 comunicamos a toda a Comunidade Educativa que a Aula da Biblioteca de Secundaria quedará inhabilitada como tal durante o tempo que dure dita Exposición (22 de abril ata o 17 de maio). Tan so funcionarán os préstamos e a recollida de libros.Como lugar de Lectura e Traballo Individual habilitarase a aula de xogos que está enfrente a Biblioteca. Durante este período dita aula deixará de funcionar como espacio para xogos de mesa. ..................................................................................................................................
A exposición abarca todo tipo de material editado antes de 1960 (libros, TBOs, comics, novelas ...)
DATA DE RECOLLIDA: A data límite para traer o material será o día 1 de abril de 2010 DATA DE EXPOSICIÓNS: Entre o 22 de abril e o 17 de maio con motivo das celebracións do día do Libro (22 de abril) e as letras Galegas (17 de maio)
LUGAR DA EXPOSICIÓN: Planta Baixa do edificio de Secundaria PERSONA ENCARGADA PARA ENTREGARLLE O MATERIAL: Manuel Mato (Coordinador do Equipo da Biblioteca Escolar)