XVIII CERTAME DE ARTE ESCOLAR EUGENIO GRANELL

XVIII Certamen de Arte Escolar Eugenio Granell “Tu personaje favorito” -  Fundación Eugenio Granell

O pasado 21 de decembro a Fundación Eugenio Granell comunicounos que dous alumnos do noso centro gañaron sendos premios na categoría de debuxo e na de fotografía. Os alumnos gañadores foron:

- Gabriel Couto Mosquera. 3º de Educación Primaria.  Categoría de Debuxo

- Maria Loureiro Vilas. 4 anos co seu collaxe Arte nos pes. Caperucita Roja. Categoría de fotografía (Esta categoría quedou deserta e o xurado decidiu premiar a obra de María).

Todas as obras presentadas estarán expostas ata o 15 de xaneiro do 2023 na sede da Fundación.

FELICITACIÓN DO CENTRO

Dende o CPIP Antonio Orza Couto desexamos unhas felices festas e feliz Aninovo a toda a comunidade educativa.

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS E ENTREGA DE BOLETÍNS

Estimadas familias:

Mañán 22 de decembro, último día de clase antes das vacacións de Nadal, o alumnado levará o boletín de notas correspondente á primeira avaliación en papel.

As cualificacións tamén serán publicadas ese mismo día, na Aplicación Abalarmóbil ás 14.00h.

Rogamos ás familias que revisen que están a recibir correctamente os avisos a través deste medio.

Atentamente

O equipo directivo

 

I TORNEO ESCOLAR DE NADAL DE FÚTBOL GAÉLICO

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou no I Torneo escolar de Nadal de Fútbol Gaélico. O evento desenvolveuse en Trazo, o 16 de decembro, grazas á colaboración do Clube Estrela Vermelha F.G. e de Puntogal Dominio Galego.

Os centros que fixeron parte do torneo foron: CPI Viaño Pequeno, Trazo; CPI Antonio Orza Couto, Boqueixón e CEIP Pumar, Urdilde. O alumnado do noso centro foi premiado con tres trofeos, finalizando a xornada cun “terceiro tempo” no que as crianzas dos tres concellos tiveron a oportunidade de socializar e divertir cuns petiscos preparados polo anfitrión, o CPI Viaño Pequeno

TRABALLO ARTÍSTICO INSPIRADO NA NATUREZA

Na biblioteca do CPI Antonio Orza Couto despedimos o outono facendo un traballo artístico inspirado na natureza.

Os alumnos e alumnas traballaron a linguaxe visual e a linguaxe poética creando fermosos trípticos nos que interpretaron as formas naturais e completaron as súas composicións con fragmentos poéticos que escolleron nos fondos da nosa biblioteca.

RELACIÓN DE PREMIADOS NO CONCURSO DE VASOIRAS DO SAMAGOSTO

O equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias vén de determinar a relación de gañadores e gañadoras do concurso de vasoiras do SAMAGOSTO.

A decisión non foi nada doada porque, alomenos en  primaria, a participación foi moi elevada.

Procedemos a comunicar a relación de premiados e premiadas:

EDUCACIÓN INFANTIL
Amara Illobre Ramos                                            6º Infantil
Breogán e Mencía Miguélez Barcala                         5º Infantil
Santiago Carlín Castro                                          4º Infantil
EDUCACIÓN PRIMARIA
Izan Cerdeira Ruibal                                             1º Primaria
Izan Castro Salgueiro                                           1º Primaria
Xoel García Nouche                                              2º Primaria
María Carrillo Iglesias                                           3º Primaria
Abel Brey Castro                                                  4º Primaria
Oscar Villanueva Rey                                            5º Primaria
EDUCACIÓN SECUNDARIA
Cayetana Rey Dourado                                          3º ESO
Ainoa Rouco González                                           3º ESO

PARABÉNS !!

X ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO "CAMIÑO AO RESPECTO"

O pasado venres, o centro celebrou o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller participando na X ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO "CAMIÑO AO RESPECTO"

Desde a nosa biblioteca, inspirándose no lema das bibliotecas "Escribir a biblioteca" propuxemos ao alumnado a creación de frases e lemas para celebrar este día. 

O resultado, as frases e lemas creados,  foron escritos nas pancartas e postais que o alumnado de plástica se encargou de decorar para levar na andaina.  

No acto da celebración, ademais de repartir as postais contra a violencia cara as mulleres,  puidemos escoitar a tres alumnas do grupo de oratoria que aproveitaron para crear e ler un discurso alusivo ao tema.

18 DE NOVEMBRO DÍA DO PIXAMA

Todos de pixama no cole!

O último venres vimos como os alumnos e alumnas do Centro  lucían os seus pixamas, participando na iniciativa promovida pola Asociación galega de familias de acollida, ACOUGO para celebrar Día dos Dereitos da Infancia e Adolescencia. 

Para esta celebración,  a Biblioteca organizou unha exposición co material elaborado no desenvolvemento da proposta multidisciplinar  “Escribir o pixama” a cal contou coa implicación dos departamentos de Plástica, Lingua e Literatura Galega, Castelá,  Inglés e Francés.

O resultado do proxecto pode ser visto na exposición do Día do Pixama, en primaria e secundaria. Son paneis onde están representados nenas e nenos cos seus pixamas decorados, flotando por encima dos contos infantís escritos polo alumando nos distintos idiomas impartidos no centro. 


Premede aquí para ver o ben que o pasamos

SAÍDA A FUNDACIÓN E NOVAJUMP

O pasado martes 15 de novembro o alumnado de 3º de ESO realizou unha saída didáctica a Santiago para asistir á exposición IMAXINARIA, mostra internacional de ilustración contemporánea na sede da Fundación.

Aquí tedes unha mostra gráfica da exposición.

https://drive.google.com/drive/folders/1e4z-YdqVnUuG9XXaiWhsM2d_1Zw5uCc_?usp=share_link

Aproveitando a viaxe, desfrutaron dunha hora de salto no Novajump.

https://drive.google.com/drive/folders/1v_T2e0nmwq3-C5aONk0DfePFj7sVxYrw?usp=share_link

Chanzo a chanzo imos recuperando a tan ansiada normalidade.

3 DE NOVEMBRO, DÍA DE NEIRA VILAS

Tagged:  

O día 3 de novembro celebramos no CPI o Día do escritor Neira Vilas, que dá nome á nosa Biblioteca.

Para celebrar esta data tan importante destacamos e divulgamos  talento galego na literatura contemporánea.  

CELEBRACIÓNS NA BIBLIOTECA

Tagged:  
"Na biblioteca despedimos o mes de outubro con importantes celebracións!"


O Departamento de Galego brindounos con un magnífico traballo realizado polo alumnado do 1º e 2º da ESO para celebrar o Día das Escritoras e o  Día das Bibliotecas. Trátase de unha selección de portadas de libros das escritoras galegas coas sinopses. O libro-catálogo está en exposición na entrada da nosa biblioteca, onde pode ser manipulado.  Agora será máis fácil escoller un exemplar! 

Agardamos que gocedes moito co novo catálogo e xa sabedes, vémonos na biblio!

CINE EN FRANCÉS E NOVA JUMP

O pasado venres o alumnado de francés de 3º e 4º de ESO desfrutou dunha saída ao Instituto Rosalía de Castro para ver un filme en Francés.

Aproveitando a viaxe, o Departamento de Educación Física organizou unha xornada de salto nas instalacións do NOVAJUMP.

Velaiquí tedes unha mostra do ben que o pasaron

#2PILGRIMS OBRA TEATRAL NO CPI ANTONIO ORZA COUTO

O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades, son temas principais desta obra de treatro da compañía REDRUM TEATRO da que poderá desfrutar o noso alumnado de Secundaria.

Durante este mes de outubro traballouse nas horas de titoría unha unidade didáctica con referencia aos temas da produción teatral.

Aquí tedes unha mostra grápica da obra

https://drive.google.com/drive/folders/1NrikXaMh0p-MoIsE4-a6fQPA0MWD5Mdw?usp=sharing

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013