PARTICIPACIÓN NA DIXITALWEEK

INFORMACIÓN ACTUALIZADA PARA O CAMPAMENTO

Chegou ao centro a información actualizada sobre a quenda 6 na que vai ir o noso alumnado ao campamento de dixitalweek. Podedes vela na seguinte ligazón:

Información para as familias

O noso centro solicitou a Dixitallweek convocada na resolución do 29 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.  Esta é unha actividade gratuita que consiste nun programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais e está dirixida ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria. A nós foinos concedida para o alumnado de 2º de ESO na semana do 6 ao 12 de novembro. As familias serán convocadas para unha reunión informativa. Abaixo presentamos a información máis relevante neste momento. 

- Convocatoria

- Información xeral sobre a actividade

- Ficha do alumnado

- Instrucións para a entrada e saída

ENTREGA DE CARNÉS NA BIBLIOTECA

Tagged:  

Os alumnos e alumnas do 1º da ESO fixeron unha visita á biblioteca onde recibiron os seus carnés e unha charla dada polas profesoras Lidia e Bea sobre como encontrar os libros e información sobre o material que temos dispoñible.

VALE ADICIONAL PARA A COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de publicar a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 25 de abril de 2022.

Todas aquelas familias beneficiarias do vale de 50€ de material escolar poderán pasar polo centro a partir do luns 17 de outubro a recoller un vale adicional de 25€.

ENTREGA DE PREMIOS NA BIBLIOTECA

Tagged:  

O pasado luns, 26 de setembro organizouse un acto para premiar o traballo desinteresado do grupo de voluntarios e voluntarias da Biblioteca do noso prezado colexio.

Nun ambiente acolledor e festivo, o director do CPI Antonio Orza Couto, Ángel Manuel Maciñeiras, e a coordinadora do equipo da biblioteca, Renata Balsamo, entregaron ao alumnado un diploma e un agasallo como xesto de agradecemento ao seu labor desinteresado no último curso.

As palabras do noso director, ademais de felicitar os homenaxeados e homenaxeadas, recoñecían a súa valiosa colaboración, alentando aos demais alumnos  e alumnas a unirse ao equipo de voluntarios. 

O alumnado do grupo de Oratoria súmase a esta felicitación deixando aquí o seu testemuño escrito e fotográfico.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA. GLOBAL HUMANITARIA

Campaña Solidaria Recogida de Ropa y Calzado usado – Jesuitinas Murcia

Estimadas familias:

Coa colaboración de Mariola Solidaria comunicámoslle a realización da Campaña Solidaria de recollida de roupa a beneficio da ONG Global Humanitaria.

A recollida terá lugar o 5 de outubro polo que ao longo destas semanas, e ata o 4 de outubro, poderedes traer a bolsa que van levar os cativos e cativas a casa chea de roupa e calzado en bo estado que xa non usedes.

Contamos coa vosa colaboración

   

BENVIDA AO NOVO CURSO. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Tagged:  

Estimadas familias:

Cun pouco de retraso e moito traballo, por fin podemos anunciarvos que a ANPA " O Forte" do CPIP Antonio Orza Couto, dispón dunha páxina web:

www.anpaoforte.com

que nos vai servir para informarvos e organizar as actividades extrescolares de cada curso escolar e como medio de difusión de toda aquela información que nos chegue e que poida ser do voso interese.

Invitámosvos a que entredes, vexades o contido e nos axudedes a difundila.

En relación ás actividades extraescolares deste Curso escolar 2022/23 son as que seguen (podedes ampliar a info en www.anpaoforte.com)

-Prazo de inscrición: do 22 ao 30 de setembro

-Publicación das actividades extraescolares nas que se formou grupo: 2 de outubro.

-Comezo das actividades: 3 de outubro.

(Informarémosvos se hai algunha actividade que non poida comezar o 3 de outubro polas obras que se están a facer no Ximnasio municipal)

Importante: A partir de agora, esta Xunta directiva usará indistintamente a nosa páxina web, a do colexio, o Facebook ou o correo electrónico para mandarvos información, polo que estade atentos/as.

PESAR POLO FALECEMENTO DUN MEMBRO DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA

A Comunidade Educativa do CPIP Antonio Orza Couto está de loito polo pasamento dun dos seus membros, Francisco Javier Granja Fernández, pai do alumno Xoel Granja Suárez e da Exalumna Uxía Granja Suárez, e membro do Consello escolar.

Non temos verbas para expresar a profunda dor que esta triste noticia nos produce.

O noso mais sentido pésame á súa familia e achegados.

Descanse en paz

ESPECTÁCULO MUSICAL COS PAPABUIS.

O venres 16 de setembro ás 12:10h o alumnado de Educación infantil e 1º e 2º de Educación primaria presenciarán o espectáculo "A igualdade non ten idade"  da man dos Papabuis.

Esperamos que o disfruten.

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (ANEAE)

Recordamos que continúa aberto o prazo para solicitalas bolsas de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ANEAE) que remata o 30 de setembro.

Enlace á páxina do ministerio:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

ACREDITACIÓN DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

Tagged:  

Nuevas estadísticas sobre el aprendizaje de lenguas extranjeras - INTEF

Resolución do 10 de xuño de 2022, da Direccion Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado que curse estudos durante o curso 2022/2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, regula a xestión de probas de nivel lingüístico (B1, B2 ou C1) para o alumnado que curse 4º de ESO no curso 2022/2023.

O alumnado interesado e os seus responsables legais deberán cubrir un compromiso de participación e entregalo asinado na oficina do centro antes do 15 de setembro. O impreso para cubrir figura como adxunto ao final desta nova e pódese descargar premendo neste enlace.

O alumnado escollerá, asesorado polo profesorado de lingua estranxeira, o nivel de competencia da proba á que se presentará. Cada alumno e cada alumna poderá matricularse nunha única proba dunha lingua, que será, preferentemente, a cursada como primeira lingua estranxeira. O centro seleccionará as probas ás que se presentará o alumnado con criterios de comodidade e proximidade. As familias encargaranse do traslado ao lugar do exame en caso de que este non se poida realizar no propio centro educativo.

A realización destas probas, que se desenvolverán durante o curso 2022/2023, recibirá financiamento da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Se a dotación económica non fose suficiente para cubrir todas as demandas de alumnado interesado, o centro seleccionará o alumnado participante por rigorosa orde de entrada da solicitude no rexistro do centro.

LISTAXE DE MATERIAS 4º E 5º DE INFANTIL CURSO 2022-23

Xa tedes á vosa disposición a listaxe de materiais para 4º e 5º curso de Educación Infantil:

- 4º Educación Infantil (3 anos).

- 5º Educación Infantil (4 anos)

MATERIAL PARA A MATERIA DE EDUCACIÓN PLÁSTICA PARA 1º, 3º E 4º DE SECUNDARIA

Material para Educación Plástica y Visual | IES ADEJE

A nova profesora de Educación Plástica e Visual de Educación Secundaria, Mara Renata Balsamo, facilitounos un listado de material necesario para o desenvolvemento da súa materia en 1º, 3º e 4º de ESO.

Listado de material plástica secundaria

O diario do capitán B.L.

Tagged:  

Non me podo sentir máis orgullosa ao publicar este novo libro de Diego Maceira: “O Diario do Capitán B.L.”.

 

Trátase dun diario que o Capitán B.L. xamais creía que escribiría, xa que só iba a celebrar a entrada do  novo ano 2022 cos seus compañeiros e compañeiras.

CLICA PARA LER

Ademais, contén unha marabillosas ilustracións de Xoán.

 

Esperamos que vos guste moito.

Alba

 

HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO EN XULLO

Tagged:  

Durante o mes de Xullo o horario de atención ao público será:

 

  10h a 13h.

Moitas grazas.

O FORTE NEWS

É un pracer para min publicar o último programa de O Forte News. Elaborado polos mellores reporteros: Aitor, Jose e David.

Esta edición está formada por diversas entrevistas para que todos os nenos e nenas de sexto de Educación Primaria teñan un bonito recordo.

https://drive.google.com/file/d/1zBh5sA1ivjhG368ybvgFD0aesbIaPOJX/view?usp=drivesdk

Esperamos que vos guste moito!!

Un agarimoso saúdo.

Alba.

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013