Histórico de actividades

EXPOSICION DE MATERIAL IMPRESO

 NOTA INFORMATIVA

Con motivo da celebración da 1ª Exposición de Material Impreso antes do 1960 comunicamos a toda a Comunidade Educativa que a Aula da Biblioteca de Secundaria quedará inhabilitada como tal durante o tempo que dure dita Exposición (22 de abril ata o 17 de maio). Tan so funcionarán os préstamos e a recollida de libros.Como lugar de Lectura e Traballo Individual habilitarase a aula de xogos que está enfrente a Biblioteca. Durante este período dita aula deixará de funcionar como espacio para xogos de mesa.  ..................................................................................................................................

HORARIO DE VISITAS

LUNS A XOVES

VENRES
MAÑAS TARDES MAÑA
10,00 – 14,30 15,35 – 17,15 10,00 – 13,30

 

Saída didáctica do 2º Ciclo de Primaria a Santiago

00.00.
Array
 

O venres 26 de marzo, os alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria faremos unha visita á Exposición Virtual  Galicia Dixital . Posteriormente, accederemos á Biblioteca Pública Ánxel Casal para coñecer os seus espazos e utilizar a súa sala de lectura infantil. Ás 13:45 tomaremos o autobús de regreso na dársena de Xoán XIII.

Saída didáctica do 2º Ciclo de Primaria a Santiago

00.00.
Array
 

O venres 26 de marzo, os alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria faremos unha visita á Exposición Virtual  Galicia Dixital . Posteriormente, accederemos á Biblioteca Pública Ánxel Casal para coñecer os seus espazos e utilizar a súa sala de lectura infantil. Ás 13:45 tomaremos o autobús de regreso na dársena de Xoán XIII.

Visita aos museos científicos coruñeses

00.00.
Array

A participación do noso Centro no programa Voz Natura permítenos visitar gratuítamente o Acuarium Finisterrae.

Completaremos a xornada cunha visita á  Domus e  asistencia á proxección Magnavisión.

 

Luns, 15 de marzo: 2º ciclo de Primaria

Martes, 16 de marzo: Educación Infantil, 4 e 5 anos

Mércores, 17 de marzo: 1º ciclo de Primaria

 

Saída: 10:00 horas

Regreso: 17:00 horas

Cineforum: Visionado da película "Barrio" na ESO

00.00.
Array
 

A película proxectarase no salón de actos de 10 a 11:30h para os alumnos de 1º e 2º da ESO. Posteriormente farán actividades sobre a película na biblioteca do centro.

Antes das 11:30 h os alumnos de 3º e 4º da ESO asistirán a unha sesión de preparación previa da película na biblioteca. Posteriormenete a verán no salón de actos de 11:30 a 13:30 h, aproximadamente.

5ª CLAVE DE BIBLIOLABIRINTO

 
O vindeiro día 05 de marzo publicarase a 5ªCLAVE do BIBLIOLABIRINTO no recreo da mañá.
Non esquenzades recollela.
Así mesmo se queredes ver os equipos que aínda continúan no xogo pinchade neste enlace (equipos acertantes)
Se por calquera motivo non te fixeches coa 5ª clave, podes imprimila clicando neste enlace (Imprimir clave)

Axudas para actividades de inmersión lingüística

   A Consellería de Educación convoca prazas para realizar actividades de inmersión ligüística no ano 2010.

Estas axudas están destinadas a alumnos de 6º de educación primaria e da ESO, que teñan unha cualificación igual ou superior a 6 en lingua estranxeira e que supereraran todas a materias cursadas no ano académico 2008/09.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 12 de marzo.

Preme aqui para obter máis información.

Axudas para participar no programa de integración Aulas da Natureza

http://bernardobalbuenaenviernoles.blogspot.es/img/albergue1.jpg  Publicouse no DOG do 25 de febreiro axudas destinadas para estancias de alumnos entre 11 e 13 anos en Viérnoles (Cantabria). Preme aquí para obter máis información sobre a convocatoria. 

SAÍDA DIDÁCTICA A SANTIAGO

00.00.
Array

   Os alumnos de 3º e 4º da ESO realizarán unha saída didáctica ao Parlamento e á Catedral e o seu entorno, actividade organizada polo departamento de Ciencias Sociais.

ENTREGA DA 7ª CLAVE DO BIBLIOLABIRINTO

Coa entrega da 7ª clave hoxe xoves 18 de marzo continuamos unha semana máis co noso xogo.

Enhoraboa aos que seguides e aos outros ánimo e a preparar a 3ª edición que vai a estar moito máis chuli.

Despois de 6 claves os equipos que continuan en competición son:

ADI - BILLABONG - BOGAS - BOQUEIXÓN - ELI - EQUIPO AZUL - ELO - LAUMAR - LOS GALLEGOS Y SURFISTAS

Como vedes, pouco a pouco van quedando menos.

¡ANIMO!


Podes ter moita máis información do xogo e imprimir a clave correspondente pinchando aquí (bibliolabirinto)

Actividades sobre Comercio xusto na ESO

00.00.
Array

As actvidades consisten nunha exposición e nunha charla organizadas pola ONGD Panxea. Panxea é unha ONGD (Organización non Gubernamental para o Desenvolvemento) que leva funcionando dende hay 15 anos. Traballa no eido do Comercio Xusto e a Solidariedade. Ten unha tenda en Santiago de Compostela onde vende produtos de Comercio Xusto e Agricultura Ecolóxica. Ademais de adicarse á venda e a promoción de Grupos de consumo, tamén ten unha campaña de sensibilización, nesta a súa maior acción céntrase en actividades en Centros Educativos e actividades de rúa mediante acordos cos centros socioculturais da área local. Así que deste xeito a proposta que Panxea execurará no noso centro é a seguinte:

Semana Temática do Comercio Xusto

Panxea propón facer no centro Educativo unha Semana Do Comercio Xusto na que se leven actividades relacionadas co tema.
Esta proposta divídese en dous bolques:

1.Exposición. Panxea cede unha Exposición  relacionada co tema, que durante esa semana permanecerán colgada no centro. A exposicións que se mostra é a seguinte:

Exposición “O Comercio Xusto é….” (8 paneis en cartón-pluma escritos en galego e de medidas 100x72 cm) esta exposición define qué é o Comercio Xusto, principios, criterios, así como as relación que establece entre consumidores e productores.

2.Actividades. Panxea propón levar a cabo actividades con tódalos grupos da ESO sobre o tema de Consumo Responsable, ligado a Comercio Xusto. As actividades consisten en:

Sesión Curta: esta sesión curta consta de 50 minutos e nela levaríanse a cabo charla + pequena dinámica (esto sempre adaptado ás idades do grupo). Isto farase o día 25 de 15:35 h a 16:25 h para 1º e 2º da ESO e de 16:25h a 17:15 h para 3º e 4º da ESO.

A maiores, se os profesores queren traballar transversalmente o tema nas súas materias, Panxea ofrece enlaces en Internet ou Guías didácticas en formato Pdf con directrices sobre como tratar o tema na aula e con continuidade.

EXPOSICIÓN DE MATERIAL IMPRESO EDITADO ANTES DE 1960



 




   A exposición abarca todo tipo de material editado antes de 1960 (libros, TBOs, comics, novelas ...)

DATA DE RECOLLIDA: A data límite para traer o material será o día 1 de abril de 2010 DATA DE EXPOSICIÓNS: Entre o 22 de abril e o 17 de maio con motivo das celebracións do día do Libro (22 de abril) e as letras Galegas (17 de maio)

 

LUGAR DA EXPOSICIÓN: Planta Baixa do edificio de Secundaria PERSONA ENCARGADA PARA ENTREGARLLE O MATERIAL: Manuel Mato (Coordinador do Equipo da Biblioteca Escolar) 

BIBLIOLABIRINTO: 2ª CLAVE

Publicación da resposta da 1ª clave(pincha aquí)

Xa podes imprimir a 2ª clave pinchando neste enlace (2ª clave)

COMEZA O BIBLIOLABIRINTO

Coa publicación da 1ª CLAVE ponse en marcha a 2ª edición do xogo "BIBLIOLABIRINTO".

Se non te acordaches de recoller dita clave no recreo do venres 29,  pinchando neste enlace (1ª CLAVE),  podes vela ou imprimila.

Recordade que tedes que entregar a resposta o 5 de febreiro no recreo da mañá.

Tamén podedes vela se pinchades no apartado de DINAMIZACIÓN dentro de BIBLIOTECA.

SORTE A TODOS

RECOLLEITA MATERIAL ORAL POPULAR

00.00.
Array

Ao longo dos meses de xaneiro e febreiro vaise levar a cabo unha longa e intensa xeira de recolleita de material oral popular do concello de Boqueixón. Trátase de confraternizar cos nosos maiores (pais, tíos, veciños, avós...) e pedirlles que conten refráns, digan ditos, canten cantigas, nos ensinen xogos con letra...

 

En resumo, dunha banda acrecentar o contacto cos nosos veciños e vellos e, por outra, conservar ese tesouro oral da nosa xente e aprender a utilizalo, para mellorar a nosa lingua, acrecentar a nosa cultura e posibilitar que que conserve para os que veñan despois de nós.

 

Participan directamente os alumnos de 6º, e colaboran voluntariamente tamén algúns de 5º, 3º e mais outros que aínda se queiran sumar ao traballo.

 

Co resultado desta recolleita intentarase facer unha pequena publicación ao final do curso, cun exemplar para cada alumno, co fin de que o vexan e o manexen eles e as súas familias.

 

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013