Promocionar á páxina principal

Conmemoramos o Día contra a violencia de xénero

08/12/2021
Europe/Madrid

O pasado 25N conmemoramos o día contra a violencia de xénero.

 

Fotos exposición de cabazas

Compartimos unhas imaxes das cabazas elaboradas polo noso alumnado e que tan ben decoraron o centro esta semana.

O DÍA DO PEÓN!

14/10/2021
Europe/Madrid

Dende A Equipa de Normalización Lingüística, queremos poñer en valor os nosos xogos tradicionais. Vai chegar o "Día do Peón" e queremos compartir convosco, diversos recursos para poder xogar e celebralo.

 Nos arquivos adxuntos podedes ver:

- O manifesto para o día do peón.

- Un pouco da evolución histórica do peón.

- Un peón para colorear.

 

Ademáis, nas seguintes ligazóns tedes:

- Xogos en liña sobre vocabulario do peón.

http://pontenasondas.org/dia-do-peon-8-c7/

- Pasapalabra sobre o peón.

https://scratch.mit.edu/projects/125843711/

- Páxina web con cancións e máis recursos sobre "O Día do Peón".

http://brinquedia.net/web/?page_id=8

 

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO!

A nosa revista DTODO

Pinchando na portada podedes abrir a nosa revista escolar DTODO deste curso escolar 2020/21.

Reunións familias alumnado 3 anos e 1º Educación Primaria curso 2021/2022

Convocamos ás familias do alumnado que comeza Educación Infantil para o vindeiro curso 2021/2022 a unha reunión o vindeiro xoves 24 de xuño ás 9:30 no centro educativo.

 

Convocamos ás familias do alumnado que comeza Educación Primaria para o vindeiro curso 2021/2022 a unha reunión o vindeiro xoves 24 de xuño ás 12:00 no centro educativo.

Listas definitivas admitidas e admitidos

Publicadas as listas definitivas de admisión do alumnado que poden ser consultadas no interior do centro educativo.

Non hai variacións respecto das provisionais.

Listas provisionais admitidas e admitidos

No día de hoxe, 20 de abril, publicamos as listaxes provisionais de admitidas e admitidos para o curso 2021/2022. 

Nos niveis con vacantes admitíronse todas as solicitudes.

As listaxes provisionais poderán consultarse na aplicación admisionalumnado (empregando Chave 365 ou certificado dixital da FNMT) ou no taboleiro de anuncios do propio centro.

 

No prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación poderá formular reclamacións ante o Consello Escolar. (Ata 27 de abril).

 

 

Distribuir contido