Promocionar á páxina principal

Listaxe material curso 2020/21

Consulte a listaxe de material premendo aquí.

 

Se recibimos instrucións do uso das máscaras, informaremos para engadilo ao material.

Documentos descargables para presentar no centro

Documentos descargables para presentar no centro:

- Actualización de datos (dende infantil ata 6º de primaria).

- Autorización curso 20/21 (ata 4º de primaria).

- Aurorización curso 20/21 (5º e 6ºde primaria).

Comunicado da dirección

Prezadas familias:

Agardamos e desexamos que todos esteades ben.

Achégase o final deste curso 2019/20 un tanto diferente para todos e seguiremos informando dos prazos dos distintos trámites que teredes que resolver no centro para pechar o presente curso escolar e sobre a escolarización dos vosos fillos.

O motivo desta comunicación é aclarar algunhas cuestións sobre a nova aparecida en prensa.

Todas as familias coñecedes perfectamente as características do centro que dirixo e as partes que poden mellorar das instalacións, pero en ningún momento periga que algún grupo ou nivel non poida iniciar o curso se comezásemos en condicións de “normalidade”. Dende o centro educativo estanse a facer as xestións para tentar mellorar as instalacións e xa conseguimos que o espazo que se ía dedicar a salón de actos pase a ser un comedor.

Polo de agora, non hai ningunha nova cara ao inicio do vindeiro curso escolar polo que dende o centro queremos transmitir tranquilidade e dicirvos que unha vez que teñamos a información e saibamos a nosa organización, farémola chegar.

Saúde e saúdos.

O Director
Juan Luis García Díaz

Aberto o prazo para a solicitude do fondo solidario de libros e axudas para a adquisición de libros e material escolar

No día de hoxe, 19 de maio, publicouse no DOG a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

Consulte a convocatoria do DOG premendo aquí.

Prazo de solicitude: do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020, ámbolos dous inclusives.

Recomendamos a entrega de solicitudes por vía telemática ou traer impreso o documento co número de solicitude. Poden vir ao centro a recoller o impreso de solicitude sen cita previa.

Pode consultar toda a información do proceso na páxina web https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Se van presentar a documentación no centro educativo, haberá que solicitar cita previa por teléfono.

Enviaremos comunicación por abalarMóbil cos días recomendados para cada nivel educativo.

Adaptacións programacións COVID-19

Seguindo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, procedemos a dar publicidade as adaptacións das programacións do noso centro educativo.

Premendo no nome da etapa poden acceder as distintas programacións.

INFANTIL

PRIMARIA

SECUNDARIA

Aviso enviado por abalarMóbil ás familias de primaria e secundaria

Prezadas familias:

 

Agardamos e desexamos que vos atopedes ben.

 

O motivo deste aviso é informarvos de que o centro dispón de medios para facilitar o traballo do alumnado na casa e que imos tratar de buscar solucións.

Polo tanto, precisamos coñecer as posibles necesidades que teñades, tanto de equipos informáticos como de conexións á rede.

Os titores que puideron obter a información a través das familias, xa a puxeron en coñecemento do equipo directivo, pero enviamos esta mensaxe pois sabemos que non foi posible chegar a todos.

 

Polo tanto, se tedes algunha necesidade, enviade unha mensaxe ao enderezo electrónico do centro, cpi.castro.baxoi@edu.xunta.gal 

 

O alumnado que estea dentro do programa Edixgal e que deixou o computador na aula, tamén pode enviar mensaxe.

 

Saúde e saúdos.

 

O equipo directivo

Información ás familias inicio terceiro trimestre

Prezadas familias:

Agardamos e desexamos que vos atopedes ben de saúde e con ganas de comezar este terceiro e último trimestre deste particular curso 2019/20.

No día de hoxe publicáronse unhas novas instrucións no portal da Consellería referentes ao inicio deste terceiro trimestre nas que nos avanzan que o vindeiro mércores haberá unha xuntanza entre os membros do Ministerio e representantes das diferentes Consellerías das comunidades autónomas e que, ata ese momento, continuemos nas mesmas condicións nas que traballamos ata agora. Despois da xuntanza, a Consellería de Educación facilitará unhas novas instrucións e voltaremos a enviar información.

Pola outra banda, temos recibidos os correos de solicitudes de computadores e conexións á rede. Mañá remataremos de preparar os computadores que repartirá Protección Civil e o Concello de Miño xestionará as conexións a internet. Agardamos chegar ao todo o alumnado entre os nosos recursos, os da Consellería e os do Concello de Miño. Poñerémonos en contacto persoalmente coas familias que enviaron as diferentes solicitudes.

Saúde e saúdos.

O equipo directivo

Distribuir contido