Promocionar á páxina principal

Recomendacións durante o confinamento polo COVID-19

Recomendacións Fronte AO

COVID-19

 

Dende o equipo de profesores queremos trasladar esta reflexión aos nosos alumnos:

  • Non deben tomarse estas semanas como unhas vacacións. O alumnado debe seguir traballando para non perder o ritmo e continuar na medida do posible as tarefas que se lles mandan desde o centro educativo.
  • Teñen que ser conscientes (coma todos nós) de que as drásticas medidas que se están a tomar están orientadas a conter os contaxios polo coronavirus. Debemos colaborar coas autoridades sanitarias para axudar a superar esta etapa da mellor forma posible.

Dende o equipo directivo queremos agradecerlles as familias e ao persoal do centro a colaboración na implementación destas medidas, xa que valoramos o esforzo que supón para todos.

A Dirección

 

Recomendamos que os pais/nais/titores legais instalen nos seus teléfonos móbiles a aplicación Abalar Móbil para recibir as cualificacións e mensaxes do centro. Pode instalarse aquí.

 

Para contactar co CPI Castro Baxoi poden usar o noso enderezo electrónico cpi.castro.baxoi@edu.xunta.gal. Atención telefónica en días lectivos de 10 a 13.

 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia envía como recomendación a todos os centros o seguinte documento.

DIA DA MULLER. 8 DE MARZO.

06/03/2020 09:38
Europe/Madrid

O 8 de marzo é un día  para lembrar as dificultades que moitas mulleres atopan para exercer os seus dereitos. Recordamos a loita polos dereitos das mulleres falando nas clases sobre o tema e visitando as exposicións cos traballos realizados nas aulas, como A MULLER NA INDIA (4º de EP) e SE NOS VEN, EXISTIMOS (1º ESO). Tamén falamos neste día das mulleres asiáticas que xa tivemos presentes noutras celebracións: Malala Yousafzai (25N, Día contra a violencia de xénero), Sadako Sasaki e as mulleres PREMIO NOBEL DA PAZ asiáticas Teresa de Calcuta, Nadia Murad, Shirin Ebadi e Malala Yousafzai (30X, Día da Paz), así como todas aquelas que viven e loitan nos países asiáticos que están sendo estudados nas nosas aulas (India, Vietnam, Timor, China, Xapón...). Tamén contamos cunha exposición bibliográfica sobre o tema da muller, con parte dos fondos dos que dispón a nosa biblioteca.

HOMENAXE A ASIA NO ENTROIDO 2020

21/02/2020 17:33
Europe/Madrid

 

O Proxecto Documental Integrado do curso 2019-2020 leva por título EXPEDICIÓN AOS CONTINENTES: ASIA. Ten como obxectivos principais coñecer a cultura e modo de vida asiáticos a través do estudo de determinados aspectos (os que cadaquén escolla en función do nivel educativo e do interese), facilitar que se valoren as diferenzas e fomentar o respecto e a tolerancia. Por iso hoxe, no desfile do Entroido, rendemos homenaxe a xente que vive en Asia vestindo como eles o fan neste momento ou o fixeron no pasado, segundo as súas culturas respectivas.

 

 

EI, 4º EP, 2º ESO

India

1º EP

Mundo árabe

2º EP

Timor Oriental

3º EP, 5º EP, 6º EP

Vietnam

1º ESO

China

3º ESO

As diferentes culturas asiáticas

 

 Os alumnos de 4º de ESO, seguindo as nosas tradicións, acompañaron o MECO.

A vestimenta asiática. Memoria gráfica.

 

Actualizado o calendario escolar deste curso

Na seguinte ligazón pódese consultar o calendario escolar actualizado cos días solicitados polo centro. Polo de agora xa temos concedido o día 4 de novembro.

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicastrobaxoi/node/1269

Retraso transporte tarde 16 de outubro

Debido a unha avaría nun dos autobuses que fan o servizo de transporte, os nenos desa liña foron distribuídos nos outros dous da mesma empresa para que non tiveran que esperar á reparación. Polo tanto, a hora de chegada puido ser posterior á habitual pois tiveron que modificar a ruta.

Circular ás familias de inicio de curso

No arquivo adxunto pódese ver a circular enviada ás familias con información do inicio do curso.

Período de adaptación alumnado 4º Educación Infantil

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

O período de adaptación comprende dende o día 11 ata o 24 de setembro.

Durante este período de tempo o horario será flexible, incrementándose as horas de permanencia na escola, para permitir a incorporación progresiva dos nenos e nenas. Neste período o grupo-clase dividirase en dous grupos (A e B).

4ºA/B INFANTIL (2019/2020) TITORA:(informarase do nome na reunión do 3 de setembro

   · 

· Grupo A:… (nomes dos nenos/as que van nese grupo en setembro)      

· Grupo B:… (nomes dos nenos/as que van nese grupo en setembro)

O horario para estes días será o seguinte:

 Mércores 11 setembro

·Grupo A: 9:30-10:30

·Grupo B: 11:30-12:30

 Xoves 12 -Venres 13 setembro

·Grupo A: 9:30-11:00

·Grupo B: 11:30-13:00

 Luns 16-Martes 17 setembro

· Grupo B: 9:30-11:30

·  Grupo A: 11:30-13:00

Mércores 18- Xoves 19- Venres 20 setembro

· Grupo A e B: 9:30-11:30

Luns 23-Martes 24 setembro

· Grupo A e B: 9:30-12:30

Reunión período adaptación 4º Educación Infantil

REUNIÓN INFORMATIVA PERÍODO

DE ADAPTACIÓN

 

 

4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

 

 

DATA: 3 DE SETEMBRO

HORA: 10:00

LUGAR: SALA USOS MÚLTIPLES

 

 

 

POR FAVOR, VIDE SEN NENOS/AS.

 

 

 

 

O Equipo de Educación Infantil

Listaxe definitiva admitidos fondo solidario de libros de Educación Primaria

No arquivo adxunto pódese consultar a listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros para alumnado de Educación Primaria.

A listaxe do alumnado de Educación Secundaria publicarase no mes de setembro.

 

Distribuir contido