Día da Radio

Este luns é o Día da Radio, e desde a nosa radio, Radio Castaña, imos celebrar esta data, xunto con moitas outras radios escolares de Galicia e Portugal.

Grazas a Ponte nas Ondas, que nos convidou a formar parte desta festa, e grazas a Radio As Nogais que vai emitir o noso programa en directo.

Ás 10:30 comeza a emisión do CPI Luis Díaz Moreno, de Baralla, e a partir das 11:00, vai o programa de Radio Castaña, a radio do noso cole.

Se queredes escoitarnos, sintonizade Radio As Nogais, ou dádelle ao seguinte enlace: https://zeno.fm/radio/radio-castana-dia-da-radio/

Imos ter "Lembranzas da radio", "Entrevista a Lola de Piornedo", unha sección de ciencia "Elas son de ciencia" e outra de historia "Frecuencia inagardada".

Non deixedes de escoitarnos!

   

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer