Historia

Historia

O Centro comenzou a funcionar a comenzos do curso escolar 1980/81 ca denominación de Colexio Nacional de Cervantes, con oito mestres procedentes de parte das escolas unitarias do Concello de Cervantes. Uns meses máis tarde, comezou tamén a funcionar a Escola-Fogar anexa, cos alumnos/as daquelas partes dos Concellos de Cervantes e Navia peor comunicadas. No curso 1981/82 pasa a denominarse Colexio Público Comarcal de Cervantes, e no curso 1983/84, Colexio Público Cervantes, denominación que perdura ata o Curso 1997/98, no que, durante algúns meses, denomínase CEIP de Cervantes, pasando inmediatamente a ser o actual Centro Público Integrado de Cervantes (C.P.I. de Cervantes) coa implantación progresiva dos sucesivos cursos da educación secundaria obrigatoria (E.S.O.).

A Escola-Fogar deixa de funcionar a finais do curso 1996/97, e, despois dunhas obras de adaptación, as suas instalacións pasan a estar ocupadas polas distintas dependencias da E.S.O. (aulas, informática, tecnoloxía, etc.), imprescindíbeis na citada etapa educativa.

O progresivo despoboamento do Concello fai diminuir o número de alumnos/as do Centro. Este feito non pode levar a unha diminución das prestacións do mesmo, senón a unha reorganización e mellor utilización dos recursos humanos e materiais dispoñíbeis, sempre en busca da mellor calidade posible do ensino que se imparte neste C.P.I. de Cervantes.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer