Conferencias
Día do Libro
O Concello de Cervantes e o CPI de Cervantes estivemos de celebración!
No noso concello o Día do Libro é unha data moi especial. Lembramos ao autor que leva o nome de Cervantes, e lembramos tamén como fai referencia ás nosas montañas na súa obra mundialmente recoñecida, O Quixote.
O noso agradecemento a José Manuel López Cedrón, polo seu pregón, "Un pequeno relato cheo de Cervantismos", e á Deputación de Lugo, por agasallarnos co libro Vía Romana XIX, Unha viaxe dende Lugo aos Ancares, seguindo as pegadas de Roma.
E moitas grazas ao Concello de Cervantes por contar co cole para este acto tan fermoso, e por todos os agasallos do certame literario.
Neste vídeo podedes ver un resumo desta xornada. Parabéns aos gañadores e gañadoras!
CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA
Mañá, 28 de abril, terá lugar no noso colexio o IV CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA.
Contaremos coa participación dos CPIs de Courel, Pedrafita e Cervantes, e dos IES de Becerreá e Mondoñedo. Benvidos!
Compartimos aquí o enlace para seguir a xornada por videoconferencia:
https://eduxunta.webex.com/meet/chusiadai
E no documento adxunto podedes consultar o programa...
Charla para familias "Benestar Emocional"
Este mércores, 20 de abril, ás 16:15, teremos no noso cole a Yolanda Fernández López, profesora de ensino secundario e experta en educación emocional.
Non perdas a oportunidade de asistir a súa charla!
CHARLA "A PRESENZA DO OSO NOS ANCARES"
O venres 14 de xaneiro visitou o noso centro o profesor da USC do Campus de Lugo, Ignacio Díaz Maroto, e impartiu unha charla sobre a presenza do oso nos Ancares.
Foi un encontro ben interesante, e suscitou a curiosidade do noso alumnado, que non dubidou en preguntar ao ponente sobre o hábitat deste fermoso animal.
A autora fala da súa obra
A escritora Sabela Núñez Singala visitounos no noso cole e contounos moitas experiencias vividas moi interesantes! No seu blog podedes atopar máis información:
http://oagasallodeanya.blogspot.com.es/2018/03/no-cpi-de-cervantes.html
Proxecto MEL
Para comezar o curso endulzándonos un pouco, tivemos a visita de dous expertos en apicultura, María e Israel.
Ó longo de toda unha maña, ensináronnos distintos produtos das colmeas, logo realizamos unha cata de produtos apícolas e finalmente realizamos unha auténtica demostración de extracción de mel, pole e própole. Estivo xenial. Moitas grazas!
TALLER DE COCIÑA ECOLÓXICA
O día 3 de febreiro fixemos no colexio un taller de cociña ecolóxica dentro das "Actividades da Reserva da Biosfera" patrocinadas pola Diputación de Lugo.
Ese día os nenos e nenas de Infantil e Primaria fixeron de chefs por un día e foron os encargados de preparar o menú para todos cos productos da zona.
Foi unha experiencia deliciosa e moi saudable!!!!!
Para ver todo o noso traballo PINCHA AQUÍ
A Educación Soñada na Montaña
A principios de maio celebráronse no noso colexio unhas xornadas sobre a escola no rural: "A educación soñada na montaña".
Os nenos e nenas do CPI de Cervantes participamos coa realización dunha representación sobre o libro da Pita dos Prados.
Podedes atopar máis información na web da Nova Escola Galega.