Festas

ENTROIDO 24

"O entroido a Cervantes chegou,

e todo o colexio moito trouleou!

Aquí tedes un bo resumo,

perdoade polo rebumbio!

Pasámolo de marabilla,

grazas a todos e a todas,

polas risas, os doces, o humor e a compañía!"

 

Día da Radio

Este luns é o Día da Radio, e desde a nosa radio, Radio Castaña, imos celebrar esta data, xunto con moitas outras radios escolares de Galicia e Portugal.

Grazas a Ponte nas Ondas, que nos convidou a formar parte desta festa, e grazas a Radio As Nogais que vai emitir o noso programa en directo.

Ás 10:30 comeza a emisión do CPI Luis Díaz Moreno, de Baralla, e a partir das 11:00, vai o programa de Radio Castaña, a radio do noso cole.

Se queredes escoitarnos, sintonizade Radio As Nogais, ou dádelle ao seguinte enlace: https://zeno.fm/radio/radio-castana-dia-da-radio/

Imos ter "Lembranzas da radio", "Entrevista a Lola de Piornedo", unha sección de ciencia "Elas son de ciencia" e outra de historia "Frecuencia inagardada".

Non deixedes de escoitarnos!

   

 

FIN DE CURSO 2018/2019

INFANTIL

 

 

 

5ª e 6ª de PRIMARIA

 

 

1ª, 2ª  e 4ª de PRIMARIA

 

 

 

 4ª de PRIMARIA

 

 

 

HIT DO VERÁN EN DIRECTO

 

 

 

3º ESO

 

 

ALUMN@S E PROFES DA ESO

 

 

 

DESPEDIDA ALUMN@S 4ª ESO

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Día do Libro 2019

O Día do Libro celebrámolo no CPI de Cervantes por todo ó algo, facendo un mosaico da obra máis coñecida da nosa literatura!!

Ademais podedes ver o vídeo da entrega de premios do concurso anual que facemos por estas datas!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

 

Estreno en primicia de..Quijano, o burro da escola!

O pasado 9 de marzo estreamos a primeira película feita polos nenos e nenas do CPI de Cervantes coa colaboración da ANPA, a Fundación TIC e con Oliver Laxe como director!

Deixámosvos as primeiras fotos do gran día e próximamente compartiremos a película con todo@s vos!

Pinchade na imaxe para ver máis!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O noso Entroido!!!!

 

Este ano para celebrar o Entroido decidimos facer un pasarrúas pola vila ata as pallozas onde celebramos a nosa festa, desgustando doces típicos e recitamos os tradicionais "Sermois".

 

Xa de volta no colexio prendémoslle lume ao "Meco".

 

Pincha AQUÍ  para ver que ben o pasamos.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer