Visita ao CIFP Politécnico e o Distrito Forestal

Este martes, o noso alumnado da ESO tivo unha visita guiada por todos os itinerarios profesionais que se imparten no CIFP Politécnico de Lugo. O Departamento de Orientación deste centro, en colaboración co do noso cole, explicounos como se organizan os diferentes ciclos formativos, como se accede aos mesmos, e que trámites son precisos para inscribirse ou matricularse. Así mesmo, mostráronnos as súas instalacións, e puidemos falar co seu profesorado, que compartiu con nós as súas experiencias e respondeu a todas as nosas dúbidas.

E outra das visitas deste día foi ao Distrito Forestal de Lugo. O seu técnico, Xabier Bruña, explicounos como se xestiona a protección do monte, e tamén nos falou dos nosos montes, os de Cervantes, que ocupan unha parte importante do concello, e son maioritariamente Montes Veciñais en Mao Común.  

Moitas grazas pola acollida, e por todos os coñecementos compartidos con nós!  

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer