Excursións

Magosto 2017 no Courel

Este ano tocounos comer as catañas asadas no Courel!!Sempre o pasamos xenial cando visitamos ós nosos amigos e amigas das montañas veciñas!

Ademáis de celebrar o Magosto, fixemos un montón de actividades e xogos que podeder ver neste video!

 

Facemos o noso HERBARIO...

Coa chegada do Outono sempre nos gusta investigar ó redor do noso cole os cambios na paisaxe das nosas montañas.

Este ano, coa axuda de Javier saímos a identificar as árbores autóctonas que temos preto da escola e trouxémonos unha folla de cada especie para deixala plasmada nun herbario. Deste xeito cando teñamos problemas para identificar algunha árbore xa sabemos onde consultar!!

FOTOS!!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

 

1º Premio de Innovación Educativa. Plan Proxecta. ANCARÍZATE!

O pasado 1 de xuño, os nenos e nenas do CPI de Cervantes fixemos unha excursión ó Parque Natural de Corrubedo. Pero non foi unha viaxe calquera, foi a nosa recompensa polo duro traballo que fixemos no curso 2015/2016, participamos no Plan Proxecta dentro do programa Naturézate e, co noso proxecto interdisciplinar ANCARÍZATE gañamos o 1º PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA.

Nesta viaxe fixemos unha visita guiada ó CIELGA, coñecemos a flora e a fauna do parque percorrendo as súas pasarelas, visitamos o faro, a duna móbil e incluso nos mergullamos na praia do Vilar!!

 

Excursión de fin de curso a Asturias da ESO

Os alumnos da ESO viaxaron co CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel a Asturias e ás covas de Valporquero en León.

Aquí vos deixamos algunhas FOTOS!!

Excursión a Piornedo. Proxecto PAN

Os nenos e nenas do CPI de Cervantes e do CPI de Navia de Suarna visitamos Piornedo.

Ensináronnos a facer pan. Fixemos varias actividades dividíndonos en grupos, foron as seguintes:

1º.- Visitamos o forno de leña, vimos como se quentaba e ensináronnos cómo se fan os basoiros.

2º.- Visitamos unha seara de centeo

3º.- Cada neno amasou e fixo un bolo preñado, ademáis dalgún boliño de pan.

Ademáis comemos ó aire libre con vistas ó Mustallar. Finalmente, recollemos do forno os nosos bolos preñado e levámolos para casiña envoltos nunha cesta.

Moitas grazas ós veciños de Piornedo pola súa amabilidade, pasamolo moi ben!!

Aquí poderás ver todas as fotos da xornada

Proxecto Oso Pardo

Os nenos de Cervantes visitamos o colexio de Seoane!!

Gravamos entre todos os nenos de Cervantes e o Courel un videoclip que publicaremos proximamente, pasamolo xenial durante esta xornada!!

Ademáis, a fundación Oso Pardo, deunos unha charla sobre os osiños das nosas terras, explicáronnos que hai moi poucos e temos que respetalos para que volvan repoboar os nosos montes.

As fotos do videoclip AQUIII!!

Excursión ó Museo Provincial

Visitamos o Museo Pronvicial. Nel realizouse unha exposición do CASTRO DE SANTA MARÍA DE CERVANTES, O NOSO CASTRO!!!Ensináronnos un montón de cousas!!

FOTOS!!

Resultado de imagen de castro de santa maria cervantes

Excursión a Coruña

Fumos a coruña os nenos de Infantil e Primaria. Visitamos a CASA DOS PEIXES, alucinamos cos tiburóns e encantáronnos as focas!!! Comimos na DOMUS cunhas espectaculares vistas ó mar e, pola tarde vimos as estrelas. E diredes...como que vistes as estrelas pola tarde???Pois siii, porque fumos ó PLANETARIO!!!Experimentamos e pasamolo xenial na CASA DAS CIENCIAS!!!

TODAS AS FOTOS AQUIIIIII

 

 

Saída de Outono

SAÍDA DE OUTONO

Aproveitando a contorna na que está situado o noso cole, fixemos unha saída a un monte cercano. Nela acompañounos Severino, o papá de Isa e Alex, que é un experto en cogomelos.

Entre todos fixemos unha recolleita de distintos froitos do outono, para logo facer unha exposición no cole. Do mesmo xeito, os nenos e nenas da ESO fixeron unha pequena investigación e déronnos unha charla sobre os distintos fungos.

ENLACE Á NOSA GALERÍA DE FOTOS

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer