Colaboración da Garda Civil no centro

O alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria asistiron a unha exposición de material e medios de distintas unidades da Garda Civil: Seguridade Cidadá, Seprona e Servizo Cinolóxico.

Un dos obxectivos desta actividade é achegar as forzas de seguridade ao alumnado para que saiban que están ahí para axudarnos e protexernos.

Asemade, o alumnado puido comprobar a participación da muller nos corpos de seguridade do estado, achegando profesións e pondo en valor o papel da muller na sociedade. 

Día do Libro: Lecturas compartidas

O 23 de abril celebramos o Día do Libro con moitas actividades. Entre elas tivemos Lecturas compartidas onde tomamos o patio, o noso libro, mantiña e coxín e compartimos lectura entre maiores e pequenos.

SAÍDA A NATURNOVA

 

     

 

     
     

O martes 24, visitamos Naturnova, un Centro Interactivo de Educación Ambiental de Afundación; onde puidemos coñocer curiosidades do universo, do noso planeta e do medio que nos rodea; de forma lúdica, dinámica e participativa.

 

 

Tamén participamos dun obradoiro de pintura, previa visita ao museo da Afundación.


 


               

 

 

 

  

 

     
   

 

Día Mundial da Saúde: Consumo de froita e Primeiros auxilios

Para conmemor o Día Mundial da Saúde celebramos 15 dias de promoción de consumo de froita fresca ofertando mazá, plátano, amorodo, arándanos, pera, clementina, piña e melón, con moi boa acollida.

Asemade, o noso alumnado dende 6ºEd.Primaria ata 4ºESO desfrutaron dunha formación en Primeiros auxilios coa colaboración de Marta López.

 

Somos unha MeteoEscola!!

Xa temos estación meteorolóxica!!!!

Os alumnos e as alumnas de 2º de ESO encargáronse da elaboración da perspectiva conxunta da caseta, mediante o emprego dun software de deseño 3D, e tamén da montaxe da propia caseta meteorolóxica.

 Dita actividade desenvolveuse durante as sesión lectivas da materia de Tecnoloxía e tamén nos recreos, e estivo coordinada e supervisada polo profesorado do Departamento de Tecnoloxía (Manuel Ángel e Isabel Cabaleiro).

Os nosos observadores meteorolóxicos, os alumnos e alumnas de 1º de ESO, xa están listos para medir e rexistar diariamente as variables meteorolóxicas (temperatura e precipitación), mediante o emprego deses dous aparellos cedidos por MeteoGalicia (pluviómetro e termómetro). Ditos datos serán publicados diariamente na cortiza do primeiro andar "SOMOS UNHA METEOESCOLA".

PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!!!

Matrícula curso 2018/2019

Aberto prazo de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro dende o 01 ao 20 de marzo de 2017.

Modo:

Pódese facer a través dun dos seguintes:

  1. No centro. Unha única solicitude, na que se pode por ata 6 centros por orde de preferencia.
  2. Aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado).

Documentación:

  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • DNI e/ou libro de familia.
  • Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.

Formalización da matrícula:

Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño.

ESO e Bacharelato: Ordinario: do 25 de xuño ao 10 de xullo.

                             Extraordinario: do 1 ao 10 de setembro.

Consulta:

Listados provisionais de admitidos/non admitidos: antes do 25 de abril. (Reclamación 5 días hábiles a partir do seguinte da publicación de listaxes).

Listados definitivos de admitidos/non admitidos: antes do 15 de maio.

No ficheiro adxunto poden consultar o listado de admisión.

Entroido no CPI de Cova Terreña

O noso centro celebrou o festival de Entroido 2018 en torno ao lema do centro deste ano: Patrimonio cultural de Baiona.

Agardamos que toda a comunidade educativa desfrutase coa actividade.

Convocatoria para as probas de acceso a ciclos de Formación Profesional en Galicia no 2018

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO EN GALICIA 2018

 PRAZO DE INSCIRCIÓN: Entre o 12 e o 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

REQUISITOS DE INSCRICIÓN: Non cumprir os requisitos de acceso directo e ter alomenos 17 anos, ou cumprilos durante o 2018.

 SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:

  • En soporte papel na secretaría de calquera instituto de educación secundaria onde se impartan ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional ou centros integrados de formación profesional

  • Vía web na seguinte aplicación:https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do que estará activa durante o prazo de inscrición.

  • O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

 A PROBA CONSTA DE TRES PARTES:

Parte sociolinguística

Organízase en tres probas:

  • Lingua castelá

  • Lingua galega

  • Ciencias sociais

Parte matemática

Organízase nunha única proba:

  • Matemáticas

Parte científico-técnica

Organízase en dúas probas:

  • Ciencias da natureza

  • Tecnoloxía

DATAS E HORARIOS DA PROBA: terán lugar o día 31 de maio de 2018 no horario que se indica a seguir:

  • Ás 9.00 horas: presentación.

  • Das 10:00 ás 13.00 horas: Parte matemática e parte sociolinguística.

  • Das 16.00 ás 18.00 horas: Parte científico-técnica

*Lembra acudir á proba co DNI e copia do impreso de inscrición que se realizou.

DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS DOS CICLOS:


GRUPO A

ESO ou equivalentes

GRUPO B

FPB e PCPI

GRUPO C

Proba de acceso/outros

Ata o 70%

Ata o 20%

Ata o 10%


QUE NOTA HAI QUE ACADAR?

Para a superación da proba hai que acadar unha cualificación mínima de 5 como nota media das tres partes.Para realizar a media hai que acadar un mínimo de catro en cada parte.

CANTAS VECES SE PODE PRESENTAR ÁS PROBAS?

Tantas veces como se desexe. Se o alumnado se presentou en convocatorias anteriores e non superou a proba pero acadou un cinco nalgunha das partes, gárdase a nota desa parte durante dous anos, polo que non se tería que examinar delas novamente.

ADAPTACIÓN DA PROBA:

Poderán solicitar a adaptación da proba as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) (ver requisitos na convocatoria)

 

ENLACES DE INTERESE:

Celebración do Día da Paz

O 30 de xaneiro celebramos o Día internacional da Non violencia e da Paz conxuntamente no pavillón escolar.

O equipo de mediadores colaborou no traslado do alumnado de Ed.Infantil e 1º e 2º Ed.Primaria asemade na lectura dos Dereitos do Neno e dos Dereitos Humanos.

O noso mestre de ceremonias, Víctor Moreira, presentou o acto que tivo 3 partes:

  • Entrega dos premios do certame literario Dolores Agrelo por parte da ANPA, organizadora do certame.
  • Lectura e presentación dos "globos" dos dereitos do Neno e Humanos.
  • Actuación do coro e conxunto instrumetal do centro baixo a dirección de Don David Piñeiro, coreados por todo o alumnado do centro.

Novo encontro do equipo de mediadores e mediadoras

O equipo de mediadores e mediadoras do centro tiveron unha nova xornada de formación e convivencia no centro.

Estreamos Blog de orientación

Este 2018 trae consigo a estrea dun blog do departamento de Orientación. O noso obxectivo é que sexa un espazo de información e comunicación para toda a comunidade educativa do CPI de Cova Terreña.

Aproveitamos a ocasión para compartir a acción que tivo lugar o pasado venres 19 de xaneiro por parte do equipo de mediación para celebrar o "Día Europeo da Medicación" que se celebra o 21 de xaneiro.

Campaña informativa e de sensibilización ante o problema do LUME

O xoves 21 de decembro pechamos o trimestre coa intervención do Enxeñeiro de Montes e catedrático da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela Don Roque Rodríguez Soalleiro no noso centro para informar ao alumnado da ESO sobre a problemática do lume en Galicia.

A través do Programa A Ponte están a levar esta iniciativa a moitos centros da comunidade, ofrecéndose desinteresadamente. Por todo iso, agradecemos a súa colaboración nestas charlas de difusión que tan ben aproveitou o noso alumnado.

Unha árbore que crece coa lectura

A nosa biblioteca presenta este curso unha árbore que está a medrar coas lecturas do noso alumnado.

Inauguración da exposición "Á violencia de xénero ... Dille NON"

O CPI Cova Terreña de Baiona foi o elixido para a presentación da exposición “Á violencia de xénero… Dille NON!”, promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e que ten como obxectivo impulsar a sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a mocidade.

 

Nova en Val Miñor TV

Nova na páxina web da Xunta de Galicia

Nova na páxina web do Concello de Baiona

 

Alba Carneiro Pérez, unha das gañadoras do I Concurso escolar contra a Violencia de Xénero

Alba Carneiro Pérez, alumna de 4ºESO, é unha dos 12 gañadores do I Concurso Escolar contra a Violencia de Xénero convocado pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, deu a coñecer o fallo do xurado, correspondéndolle a Alba o 3º premio na categoría 1 da modalidade debuxo-pintura, cun traballo co lema “No more silence”, escollido entre máis de 300 traballos presentados nesta modalidade.

Nova en PontevedraViva

Nova en Valmiñor TV

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017

 

   Listaxe de libros de texto para o curso 2016-2017.

Reto semanal sobre refugallo

Xa que este ano temos como tema para todo o ano o Refugallo, decidimos facer tamén os Retos semanais sobre este tema.

Este ano durará 10 semanas. Empezamos o pasado 20 de febreiro e rematará o 2 de xuño.

Temos dous niveis diferentes de retos: un para o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria; e outro para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Ao rematar os/as gañadores/as de cada nivel recibirán como sempre un premio por participar.

Deixámosvos os retos que fixemos ata agora...

INTERCAMBIO CON PORNIC (FRANCIA)

Postais recibidas do colexio "Jean Mounès" de Pornic (Francia) en resposta as postais enviadas polo alumnado de francés de 4º ESO.

 

Despedida. Danza das espadas

MOITAS GRAZAS POR TODOS ESTES ANOS. LEVAREIVOS SEMPRE NO MEU CORAZÓN.

 

Se queres ver máis fotos. CLICA na imaxe.

Excursión a Marín con 1º da ESO

Se clicades na imaxe poderedes ver, todo o que fixemos

Distribuir contido
Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031