Skip to Content

Benvidos ao CPI da Cañiza

                                                  

                                                                       

                                                                                                        

  


                            

 

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2024/2025

 

PRAZO PRESENTACIÓN: do 21 de maio ao 22 de xuño 2024

Participación fondo solidario:

-3º, 4º, 5º e 6º Primaria

-1º,2º, 3º, e 4º ESO

Axudas para libros de texto:

  -1º e 2º EP (Primaria)

  - Alumnado de educación especial (EE)

Axudas Material Escolar:

- Primaria (EP)

- Secundaria (ESO)

- Alumnado de educación especial (EE)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por sede electrónica, a través das seguintes vías: (CHAVE 365, DNI ELECTRÓNICO ou  CERTIFICADO DIXITAL), NESTE CASO SERÁ UNHA SOLICITUDE POR ALUMNO/A, DEBIDAMENTE CUBERTA E ASINADA, ADXUNTANDO A DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE.

O formulario normalizado da solicitude é o seguinte: ED330B

Aplicación Informática fondolibros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente, na secretaría do centro. Neste caso a solicitude será única para todos os irmáns, e deberá estar debidamente cuberta e asinada. O Impreso de solicitude anexos I e II do DOG do 20 de maio de 2024 ou na aplicación FONDOLIBROS. Deberán aportar a documentación correspondente e deberá traer vostede as fotocopias feitas.

  

HORARIO DE ATENCIÓN: DE 10:00 a 13:30 horas, no edificio de secundaria, serán atendidos por orden de chegada.

Deberá acudir o centro o antes posible, non o deixen para o final, para non ocasionar colas de espera.

Toda a información está na seguinte paxina Web: Http://www.edu.xunta.es/fondolibros/

Proxecto IGUALA-T

OS mestres de PT (Iván) e AL (Guillelme) realizaron este proxecto co alumnado de Infantil e Primaria dentro do programa IGUALA-T no que participamos. Coa colaboración da mestra de Música (Lorena) á hora de explicar as preguntas relacionadas con igualdade, feminismo e educación afectivo-sexual. 

Copiando o seguinte enlace podedes ver o vídeo.

https://drive.google.com/file/d/1oxuvF5QZh2GwxMyVzomWtroc4lPVeWm_/view?usp=drive_link

 

 

 

 

Mostras dos menús de abril

Deixámosvos por aquí unhas mostras dos menús que se serviron no comedor durante o mes de abril. Coma sempre, delicioso! 

 

  

MENÚ COMEDOR MAIO 2024

Seguimos viaxando polo Mundo co proxecto do CPI da Cañiza. Este mes de maio imos ao Reino Unido! Premendo no adxunto podedes acceder ao menú completo.

 

ADMISIÓN DO ALUMNADO

Dende o CPI da Cañiza informamos que todo o alumnado que solicitou praza para o curso 2024-2025 no centro foi admitido. Nestes días colgaremos os listados na conserxería para que poidades comprobalo. 

BECAS MEC

 

Máis información sobre as Becas MEC e o proceso para solicitalas premendo na imaxe.

 

 

MENÚ COMEDOR ABRIL 2024

Este mes de abril, dende o comedor do CPI da Cañiza, viaxamos a Perú! Esperamos que desfrutedes desta viaxe. Adxuntamos o menú no enlace de abaixo.

FORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Recordámosvos que o vindeiro luns, día 18 de marzo, ás 16:30 horas, teredes a formación de "Establecemento de normas e límites" no CPI da Cañiza. Esperámosvos!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut