ESCOLA DE NAIS E PAIS. O PAPEL DA FAMILIA NA ORIENTACIÓN VOCACIONAL

O vindeiro mércores 1 de marzo teremos outra sesión da escola de nais e pais. Desta volta falaremos sobre o papel da familia na orientación vocacional da rapazada. Abordaremos o tema dende tódalas idades e etapas educativas, xa que o proxecto de vida é un proceso continuo que non debemos limitar só aos momentos importantes e puntuais de toma de decisións académicas ou profesionais.

Falaremos de cómo potenciar habilidades e capacidades na etapa infantil. Cómo estar atentos na infancia a intereses e preferencias que amosen os pícaros. E cómo apoialos e acompañalos no momento de incertidume e toma de decisión da adolescencia.

No terceiro trimestre realizaremos unha charla específica sobre o cambio de etapa para as familias de 6º de EP e outra sobre as opcións despois da ESO para as familias de 4º de ESO.

Animádevos a participar e compartir as vosas inquedanzas e opinións!

Calendario Escola de Pais e nais curso 22-23 de Noa Varela 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet