Funcionamento e catálogo

Funciona se ti funcionas

Prestaranse todos os exemplares da biblioteca (libros e películas) excepto as enciclopedias, dicionarios e libros de consulta en sala. No caso de Educación Infantil e Primaria, hai algúns libros cun gomet vermello que tampouco se levarán en préstamo.

- Os libros levados en préstamo devolveranse despois de dúas semanas. De ser necesario, poderase renovar o préstamo por dúas semanas máis.

- No caso das películas, pódense levar por unha semana e o seu préstamo non é renovable.

- Queres ver as novidades chegadas á biblioteca? Buscas algún libro? Consulta o noso CATÁLOGO.

- Tamén podes consultar a biblioteca online E-LBE.2. Para poder entrar pídelle a Agustín que che pase as túas credenciais. E se precisas información sobre esta biblioteca virtual mira o seguinte vídeo.

Powered by Drupal - Design by artinet