Plástica

Obradoiro de animación.

Con Tomás e Virginia, de Algarabía Animación, o alumnado de 6º de primaria e o de 3º da ESO fixo un obradoiro de animación empregando a técnica do stop motion. Neste obradoiro, o alumnado de 6º de primaria abordou o tema do uso das novas tecnoloxías e o de 3º de la ESO, o do medio ambiente. Aquí podedes ver o resultado desta actividade.

CORENTENA

Plástica – 1º ESO

1) Perspectiva isométrica

Entra na web:

http://www.educacionplastica.net/model3d.htm

Constrúe os volumes a partir das súas vistas. Pídese que fagas un mínimo de cinco volumes. Escolle as vistas do "nivel 0".

Fai capturas de pantalla dos teus volumes ou perspectivas e envíaos á seguinte conta de correo: marcocorbacho@gmail.com

Para facelo, pulsa na icona do sobre, cubre todos os campos do cadro de diálogo que se abre e fai click en ENVIAR.

 

2) Obtención de vistas (repaso)

Entra na web:

http://www.educacionplastica.net/3dcube_model/vistas_3d_2x2.html

Debuxa as vistas de cinco sólidos.

Toma a dirección do Alzado como indica esta imaxe.

Fai capturas das túas vistas e envíaas á seguinte conta de correo: marcocorbacho@gmail.com

Para facelo, pulsa na icona do sobre, cubre todos os campos do cadro de diálogo que se abre e fai click en ENVIAR.

 

3) Letras en 3D

Infórmate sobre esta actividade seguindo este ENLACE.

 

4) Retratos con obxectos

Nesta actividade pídese que fagades tres retratos incluíndo obxectos (planos e/ou tridimensionais) na vosa imaxe. Ademais podedes empregar calquera outra técnica. Tedes liberdade total para crear os vosos retratos.

Neste exercicio valorarase a complexidade, orixinalidade e a creatividade. Tamén se valorará que empreguedes técnicas e materiais variados e canta máis variedade, mellor. Recoméndoche que lle botes un ollo ás caricaturas do artista Hanoch Piven para que vexas como "pinta" retratos con obxectos.

Unha vez rematado cada retrato, faille unha foto e envíama por correo.

 

Plástica – 3º ESO

1) Perspectiva isométrica I

Entra na web:

http://www.educacionplastica.net/epv1eso/SVG/red_isometrica.html

Pídese que representes unha serpe cúbica na aplicación web anterior. Unha serpe cúbica é o volume que vai creando un cubo ao moverse nas tres direccións do espazo (altura, lonxitude e profundidade). Na imaxe de abaixo tes unha serpe cúbica.

Condicións do exercicio:

● A túa serpe terá como mínimo nove cóbados ou cambios de dirección (a imaxe do exemplo ten seis cóbados).

● Non se repetirán cóbados iguais máis de dúas veces consecutivas. A imaxe de abaixo mostra un cóbado igual repetido tres veces seguidas.

● Ademais de que a túa serpe cúbica sexa un sólido coherente deberá estar iluminada. Para conseguir unha iluminación crible, aplica tres tons dunha mesma cor sobre a túa serpe:

- o ton máis claro nas caras superiores,

- un ton medio nas caras orientadas a un lado e

- un ton escuro nas caras orientadas ao outro lado.

 

Fai unha captura de pantalla da túa serpe cúbica e envíaa á seguinte conta de correo: marcocorbacho@gmail.com

Para facelo pulsa na icona do sobre, cubre todos os campos do cadro de diálogo que se abre e fai click en ENVIAR.

 

2) Perspectiva isométrica II

Entra na web:

http://www.educacionplastica.net/epv1eso/SVG/red_isometrica.html

Pídese que representes dúas escaleiras con planta en U na aplicación web anterior. A imaxe de abaixo mostra dous exemplos. As medidas dos peldaños corren da túa conta.

Fai capturas de pantalla das túas escaleiras e envíaas á seguinte conta de correo: marcocorbacho@gmail.com

Para facelo pulsa na icona do sobre, cubre todos os campos do cadro de diálogo que se abre e fai click en ENVIAR.

 

3) Creación de volume empregando liñas.

Infórmate sobre esta actividade seguindo un destes enlaces:

ENLACE a Documento PDF

ENLACE á Presentación.

 

4) Retratos con obxectos

Nesta actividade pídese que fagades tres retratos incluíndo obxectos (planos e/ou tridimensionais) na vosa imaxe. Ademais podedes empregar calquera outra técnica. Tedes liberdade total para crear os vosos retratos.

Neste exercicio valorarase a complexidade, orixinalidade e a creatividade. Tamén se valorará que empreguedes técnicas e materiais variados e canta máis variedade, mellor. Recoméndoche que lle botes un ollo ás caricaturas do artista Hanoch Piven para que vexas como "pinta" retratos con obxectos.

Unha vez rematado cada retrato, faille unha foto e envíama por correo.

 

Powered by Drupal - Design by artinet