Plan anual de actividades

Fitofaladoiro

Visitamos a residencia San Vitorio para aprender dos nosos maiores sobre os usos medicinais das prantas.

Máis información no ficheiro adxunto.

Obradoiro de portugués

Esta semana fixemos un curso acelerado de portugués. Cos nosos profes Miguel Moreira e Irene López Batalha empezamos a coñecer as diferenzas e semellanzas que hai entre o portugués e o galego e as vantaxes de termos dúas linguas tan próximas. Esta actividade estivo organizada pola Deputación de Lugo e a AGAL (Associaçóm Galega da Língua).

 

CALENDARIO DE ACTIVIDADES DA ESCOLA DE PAIS E NAIS

 

Primeira xuntaza o 26 de Outubro ás 17:30h na sala de Audiovisuais do centro.

Falaremos sobre qué estratexias empregar para mellorar o comportamento e cales son as rutinas máis axeitadas para favorecer a aprendizaxe.

A charla será impartida pola orientadora, e estades convidados tódolos pais e nais. Agardámosvos!

 

Próximas datas e temáticas durante o curso:

 

Día da Muller: 8M

Branca Villares acudiu ao centro para celebrar o Día da Muller. Para isto, o alumnado levou a cabo a actividade Rap-Trap-Troupe, que consistiu na elaboración de composicións propias partindo de métrica da música tradicional (coplas, cuartetas,...).

 

Día de Rosalía de Castro

O 23 de febreiro, o alumnado de Primaria e Secundaria participou nunha actividade que consistiu na elaboración de poemas propios. O alumnado de Primaria tomou como base vocabulario de Cantares Gallegos e o de Secundaria partiu das coplas populares coas que a autora comeza a maior parte das composicións que integran o devandito libro.

Día da Lingua Materna

O 21 de febreiro visitounos Ana Carreira para facer un contacontos con Infantil e Primaria.

 

Solsticio de inverno

No mes de xaneiro viñeron visitarnos residentes de San Vitorio para falarnos das diferentes tradicións relacionadas co solsticio de inverno, isto é, co Nadal e co Entroido. Este intercambio interxeracional foi moi satisfactorio tanto para o alumnado como para ambas partes.

25N

Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES 2018-2019

Cadro resumo das actividades programadas por meses:

Mes Temática
Outubro Actividades relacionadas co outono
Novembro

Celebración do Samaín

Día da Ciencia en galego

Día contra a violencia de xénero

Decembro Celebración do Nadal
Xaneiro Día da Non violencia e da Paz
Febreiro

Día da Lingua materna

Día de Rosalía

14 de febreiro: San Valentín

Concerto didáctico da Tradescola

Marzo

Entroido

Día Internacional da muller

Obradoiro de regueifas con Sara Marchena

Día da Poesía

Abril Día do Libro infantil e xuvenil
Maio Letras Galegas

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet