Hora de ler

Espazos e tempos

A "Hora de ler" é unha actividade que se implantou no centro coa nosa incorporación ao PLAMBE. Está claro que a lectura é fundamental na educación dos nosos escolares, pero son necesarios espazos e tempos. Todas as semanas hai unha hora adicada á lectura segundo uns calendarios xigantes expostos no corredor central. Estes calendarios vanse enchendo,  a medida que se van cumplindo os días, con recomendacións lectoras como amosa a imaxe. Ao remate de cada curso temos dous paneis de libros recomendados.

Powered by Drupal - Design by artinet