Donas de si e de aquí

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Toca no inferior da imaxe para parar o video e visionalo ao teu ritmo.

DONAS DE SI E DE AQUÍ

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DEDICADAS

Con motivo da conmemoración do 8M Día da Muller Traballadora, levarase a cabo no centro unha exposición de fotografías en homenaxe ás mulleres da contorna.

 

 

  •  Para elo, cada alumno e alumna traerá nun sobre a fotografía dunha muller da súa contorna á que admire (pode ser nai, avoa, tía, veciña….). Escribiredes detrás da foto o voso nome para que non se extravíen.
  •  A fotografría pode ser antiga ou actual, en cor ou branco e negro,  pode verse á muller homenaxeada facendo algunha labor ou solamente un retrato, pero figurará ela soa.
  •  Unha vez fotocopiadas no cole, devolveranse, xa que na exposición empregarase unha copia e non as fotos orixinais.
  •  Finalmente o alumnado escribirá a dedicatoria na hora de titoría nunha tarxeta que entregaremos no cole tal e como se ve na imaxe.

 

  • A participación tamén está aberta ás familias, polo que se unha nai ou pai quere facer tamén unha homenaxe a unha muller que admire, só terá que engadir no sobre a súa fotografía, e o proceso será o mesmo. (Unha vez fotocopiada, devolverémola xunto coa tarxeta e unhas sinxelas instrucións para que a poda completar na casa, ao igual que fai a rapazada en clase)
  • A artista e antiga alumna Esther López  xa nos deixou unha fermosa homenaxe á súa avoa. Podedes ver esta primeira postal na web do cole.

 

Animádevos a participar familias!!! Encheremos o cole de admiración polas nosas mulleres!!!

HAI PRESENTE

A exposición Hai presente de Esther López poderase visitar no centro ata o día 17 de febreiro.

 

A nosa antiga alumna vén de gañar varios premios polo seu traballo Engurras: O premio da Excelencia Académica da Xunta de Galicia na categoría de Artes Plásticas e Deseño, o Xurxo Lobato 2022 e a IV Edición do Manuel Ferrol de Fotografía.

 

 

A excelencia en Artes Plásticas e Deseño de Galicia ten selo lucense

 

En canto a convidamos a participar no proxecto Donas de Sí e de Aquí que se desenvolve no centro, e co que se trata de visibilizar e poñer en valor o papel das mulleres do rural, non só non o dubidou nin un instante, senón que ademais, quixo contribuir coa súa nova creación Hai presente, unha obra coa que desta volta, quixo visibilizar o arraigo da xente nova:

 

"Houbo quen, anos ha, quixo e fixo polas raices dunha xente que hoxe é. É arte, é traballo, é rural, é Galiza, é presente.
O futuro pode ser tan incerto como queira, pero hoxe ainda quedan quenes viven no arraigo  do sitio onde naceron; facendo xerminar nesa mesma terra soños en forma de danza, debuxos, fotografias, poemas e cantares."

 

Xa sabedes, estades convidadas e convidados a coñecer Hai Presente, de Esther López.

O 25 N no colexio

 

No colexio tamén nos sumamos á loita contra a violencia de xénero pero a nosa foi unha loita pacífica, con palabras e imaxes. Pincha na galería 25 N de 2022 para ver algunhas.

Dando os primeiros pasos na InformáTICa.

No marco do programa "Donas de si e de aqui" que este curso 22-23 se desenvolve no cole, comezaron na biblioteca as clases de informática para mulleres xubiladas da nosa contorna.

Son impartidas polo alumnado da ESO, que axuda ás nosas e nosos maiores a iniciarse no manexo do ordenador, administrar arquivos, enviar correos electrónicos e realizar búsquedas e consultas na web.

Que grandes maestros e que grande alumnado!

Coa súa inquietude ensínannos que nunca é tarde para aprender!

Powered by Drupal - Design by artinet