EXAMES FRANCÉS XUÑO 2017

1º ESO: Haberá un exame oral que recollerá a maioría dos contidos impartidos ao longo do ano.

Terá lugar os días 13 e 15 de xuño e o alumnado pasará por orde alfabética.

 

2º ESO: Haberá un exame oral que recollerá a maioría dos contidos impartidoa ao longo do ano.

Terá lugar os días 13 e 14 de xuño e o alumnado pasará por orde alfabética.

 

4º ESO: O alumnado deberá entregar dous traballos por escrito. O primeiro, dunhas 800 / 1000 palabras, tratará sobre unha viaxe real ou imaxinaria que se fixera no pasado. Datas de saída, chegada, medios de transporte, lugares visitados etc... Entregarase en formato dixital e terá que ter ilustracións (fotos ou debuxos).

O segundo traballo estará relacionado co proxecto de centro, concretamente sobre misterios da historia de Francia. Será un texto dun mínimo de 180 palabras con alomenos unha ilustración que se plastificará para presentar o día da xornada de portas abertas.

Powered by Drupal - Design by artinet