Matemáticas
Visita a FP Innova o 24 de abril
Xogos na clase de matemáticas
Estas foron unhas clases diferentes nas que abordamos a xeometría a través do xogo do tangram facendo diversas figuras de animais.
Tamén empregamos dous xogos de BrainBox para o estudo dos animais e dos seus hábitats en diferentes continentes.
Aquí tedes a ligazón ás fotos.
XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA DO CPI EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN. CURSO 2023-2024
Un ano máis celebramos no noso centro o concurso de fotografía matemática, nesta ocasión coa temática dos animais.
As persoas ganadoras do XI Concurso de Fotografía Matemática son:
Þ 1º PREMIO: “Ga-liña quebrada” Leo Brea Mene 1º ESO B
Þ 2º PREMIO: “Cambio de magnitudes” Xoana Rodríguez Lestido 2º ESO
Þ 3º PREMIO: “Confluencia de semicírculos” Manuel Boullón Pérez 4º ESO
Aquí tedes o word cos gañadores
E aquí todas as fotos do concurso
Moitas grazas a todas e a todos pola vosa participación e ata o próximo curso!
PORTAS ABERTAS MATEMÁTICAS
Como proba da solidez das cúpulas de Leonardo, o alumnado da ESO levantou a cúpula que tiñan construído para o Día de Portas Abertas.
Aquí tedes os vídeos.
Cúpulas de Leonardo
Dentro do proxecto de centro deste curso "Interxerando" o alumnado de 3º ESO actuou como titor do de 1º ESO para axudarlles a facer as cúpulas de Leonardo da Vinci. O certo é que os máis pequenos da ESO colleron enseguida a rutina das cúpulas e o fixeron moi, moi ben!
Aquí podedes ver todas as fotos.
V CONCURSO DE POESÍA MATEMÁTICA. INTERXERANDO
Un ano máis celebramos o noso concurso de poesía matemática, este ano coa temática ”Interxerando”.
Queremos agradecer ao noso alumnado a capacidade que tivo para emocionarnos cos seus fermosos versos e de mostrarnos a todas e todos que os retos si son posibles sempre que se pon empeño.
Parabéns ás persoas gañadoras e grazas pola vosa participación!
1º PREMIO “Sentimentos” de Sheila Ageitos 4º ESO
2º PREMIO “A arte das matemáticas= herdanza de familia” de Anxo Tarrío 3º ESO
3º PREMIO “Multiplicarse e dividirse” de Saleta Rivo 2º ESO
Aqui tedes todas as fotos, vídeos e poesías gañadoras.
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA INTERXERANDO 2023
Os gañadores do X Concurso de Fotografía Matemática do curso 2022-2023 (Interxerando) son:
- 1º PREMIO: “Vórtice xeracional”.Xián Rial Figueira, 4º
- 2º PREMIO:“Simetría ancestral” . Manuel Boullón Pérez 3º
- 3º PREMIO: “Escala familiar” Mateo Tourís Abuín 2º
Parabéns aos premiados.
Aquí tedes todas as fotos presentadas.
PROXECTO LEONARDO 21-22
Este curso o departamento de Matemáticas levou a cabo o Proxecto Leonardo que podedes consultar no enlace:
IV CONCURSO DE POESÍA MATEMÁTICA
IV CONCURSO DE POESÍA MATEMÁTICA
Un ano máis celebramos o día 12 de maio, día escolar das matemáticas, o noso concurso de poesía. Queremos felicitarvos pola calidade das obras presentadas, cada ano facédelo mellor, é un auténtico pracer lelas!
As persoas gañadoras do IV Concurso de Poesía Matemática do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón son:
1º PREMIO- “AUSENCIA” Samuel Baleirón Torres 4º ESO
AUSENCIA
Dende a suave forma dos teus beizos
ata o volume da tua face.
Todo iso desapareceu
sen fórmula posible que o explique.
E sen calculalo nin cotexalo , descubríchenos,
descubríchenos ese espazo que ocupabas
ese espazo, que agora chamo vacío
que por moito que tente, parece que é infinito.
Samuel Baleirón Torres. 4º ESO
2º PREMIO- “90, 60, 90” Naira Ferreirós Bustelo 3º ESO A
90, 60, 90
90, “se tes máis de 90 centímetros pareces un home”; ela puxo roupa frouxa
60, “se tes máis de 60 centímetros estás gorda”; ela deixou de almorzar
90, “se tes menos de 90 centímetros, estás moi delgada”, ela púxose a chorar
Agora tenta esquivar os espellos para que non a devoren.
Naira Ferreirós Bustelo. 3º ESO A
3º PREMIO- Temos un empate entre:
“DOUS” Laura Mariño Bello 3º ESO A
DOUS
Dous ollos, dúas orellas
e ata dous buratos no nariz!
Dous perfectos beizos que serven para sorrir.
Dúas pernas e dous brazos,
catro extremidades para nos mover,
convosco podo dar abrazos,
e ata cansarme de correr!
Dous, que número tan máxico,
tan bonito para min,
sen ti nada sería posible,
non podería vivir.
Laura Mariño Bello 3º ESO A
“O CORPO” María Rodríguez Romero 4º ESO
O CORPO
O corpo non é matemática redonda.
Parecería máis un número irracional
ou unha fórmula sen demostración descuberta.
O corpo non é matemática
porque inventou un sistema que permite medir
as bágoas, os berros e os sorrisos.
O corpo non é matemática
porque por moito que aprenda dos gráficos
segue xogando co valor do improbable.
O corpo non é matemática
porque aínda que mido 1 metro 65,
son capaz de tocar as estrelas.
O corpo non é matemática.
Porque é o único capaz de operar
e ver a beleza
do Syntax Error.
María Rodríguez Romero. 4º ESO
ENLACE ÁS POESÍAS PARTICIPANTES
O alumnado tamén recitou e gravou o recitado das poesías nuns audios que podedes escoitar accedendo ao enlace:
IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA. CURSO 2021-2022
“DA CABEZA AOS PÉS CO CORPO AO REVÉS”
As fotografías gañadoras do IX Concurso de Fotografía Matemática do curso 2021-2022 son:
1º PREMIO RESILIENCIA. HUGO RONCERO 1º ESO
2º PREMIO ESTRELA DA IDADE. NAIRA FERREIRÓS 3º ESO A
3º PREMIO PITÁGORAS. NAIARA VIDAL 3º ESO B
Parabéns a todo o alumnado participante, vémonos o próximo curso!
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »