Educación física de primaria

COMPARTIMOS CO CRA DE DODRO

O mércores 24 de abril o alumnado de 1º e 2º de Primaria compartiu tempo de actividade física cos nosxs amigxs de E. Infantil do CRA de Dodro. Música, baile e xogos encheron o pavillón e o patio nesta xornada deliciosa. Moitas grazas por vir visitarnos, quedamos con gañas de máis!

Aquí podedes ver todas as fotos

 

Cachibol Centro de Día/CPIP

O martes 30 de abril desenvolvemos unha sesión de actividade física compartida con usuario/as do Centro de Día de Dodro.

Sofía, Carmen, Carmucha, Madalena, Tino e Tomás configuraron os equipos e suaron a camiseta xunto co alumnado de quinto. Un quecemento previo, o xogo do inquilino e un partidiño de cachibol para rematar co director de orquestra. Unha xornada entrañable que agardamos repetir tan pronto como sexa posible. 

Moitas grazas!

 

 

Aquí podedes ver todas as fotos da actividade. 

Slackline

Coa axuda de alumnado de cuarto de ESO, no recreo de hoxe deixamos instalado o slackline no patio de Primaria. Equilibrio, elasticidade, postura, concentración, confianza... son algúns dos beneficios da práctica deste deporte.

Torneo fútbol gaélico

O xoves 14 de decembro participamos no primeiro torneo de fútbol gaélico co CEP Brea Segade de Taragoña. Unha xornada de convivencia deportiva, con moitas emocións, partidos, penaltis e agasallo para todxs.

Pasámolo moi ben e tentaremos repetir en vindeiras ocasións. 

 

  

Aquí podedes ver todas as fotos da actividade. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fútbol gaélico. Última sesión

O xoves 30 de novembro o alumnado de quinto e sexto participou na última sesión da Unidade Didáctica sobre este deporte. O xoves 14 de decembro celebraremos un torneo co CEP Brea Segade de Taragoña, será unha xornada de convivencia entre o alumnado dos dous coles.

 

Fútbol Gaélico. 3ª sesión.

O martes 14 de novembro desenvolvemos a terceira sesión de fútbol gaélico na que traballamos

os pases coa man e co pé e xogos de posesión.

 

Imos avanzando con este novo deporte!

Primeiros auxilios

O xoves 9 de novembro contamos coa colaboración de David e Juan, membros do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal), que nos explicaron os pasos para realizar a RCP e tamén a posición lateral de seguridade.

Resolvéronnos moitas dúbidas e aprendemos moito.

 

Baloncesto. Club Río Ulla de Pontecesures.

 
O venres 27 de novembro tivemos unha xornada de iniciación ao baloncesto
para o alumnado de 3º e 4º co Club Baloncesto Río Ulla de Pontecesures.
 
 
 
Xogos predeportivos divertivos e moooi movidos! Se vos gusta este deporte,
non dubidedes en anotarvos na escola deste club.
 
 
 
Moitas grazas, Fruqui!

 

Fútbol gaélico: segunda sesión.

O martes 17 de outubro desenvolvemos a segunda sesión de iniciación ao fútbol gaélico coa colaboración das Gaélico Escolas. Xogos divertidos de desprazamentos e invasión que axudan a que interioricemos as técnicas básicas para a posterior posta en práctica deste deporte. 

Moitas grazas a David e Gábor polas súas propostas dinámicas e divertidas. 
 

Futbol gaélico

O martes 10 de outubro iniciamos unha nova UD de fútbol gaélico en 5º e 6º; para iso contamos coa presenza de David e Gabor, adestradores de Gaélico Escolas, que nos explicaron as normas básicas deste deporte. Tamén fixemos un par de xogos de iniciación para empezar a practicar. O vindeiro martes continuaremos con esta actividade.
Aquí quedan uns enlaces para que poidamos ampliar coñecementos.
 
 
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet