Educación física de primaria

ROTEIRO CULTURAL OS DÍAS OLVIDADOS

 O martes 21 de xaneiro o alumnado de 4º,5º e 6º de Primaria acompañados de Nando, o técnico deportivo do concello, percorremos o roteiro Os días olvidados, para coñecer a vida e obra de Eusebio Lorenzo Baleirón.

Aquí nos tendes ao lado do pozo do Conxeiro, sabedes para que se utilizaba?

 Parte da andaina pola Braña, lugar de inspiración de Eusebio.

 

  Fixemos unha paradiña para coñecer a casa onde naceu e viviu  o poeta que procurou nos espellos os nomes exactos da luz, como di a placa situada na fachada.

 

 E aquí a nosa proeza:

 

Moitas grazas a Nando por acompañarnos e explicarnos.

GALERÍA DE FOTOS

VIDA ACTIVA

Ao longo destas dúas semanas sacamos tempo para saír a correr por fóra, cada quen ao seu ritmo, uns andando e outro correndo. Aquí nos vedes preparados para o inicio.

 

E aquí unha captura do percorrido realizado

  

 

Grazas a todo o alumnado e profesorado de Primaria por estas xornadas deportivas.

UXÍO ABUIN. CONSTANCIA, ESFORZO E SACRIFICIO

Hoxe gozamos coa presenza no noso cole dun dos deportistas máis recoñecidos do noso Concello: o triatleta Uxío Abuin, que ademáis de contarnos a súa traxectoria  e as súas experiencias por todo o mundo falounos tamén dos beneficios da práctica deportiva e animounos a correr, nadar e andar en bici TODOS OS DÍAS!

 

 

Deixámosvos o enlace á súa web onde podedes ver o  palmarés, fotos, videos,... do noso atleta internacional, que leva a Dodro por todo o mundo.

Moitas grazas, Uxío, por acompañarnos e animarnos a practicar deporte.

A CORREEEEEEERRRR!

Deixámosvos o enlace para que poidades ver o video promocional da XVI carreira pedestre de Lestrove 2019 no que podemos ver á  compañeira Sabela, de 4º de Primaria, na compaña de dous grandes atletas veciños nosos,  a ver se os coñecedes...

Aproveitamos para informarvos que o vindeiro luns 4 de novembro teremos entre nós a Uxío  para darnos a coñecer o triatlon e falarnos sobre os beneficios da vida activa sobre a nosa saúde.

E agora... correndo a inscribirse para participar na carreira!!

PRACTICAMOS JUDO

Hoxe tivemos entre nós a Toño Gómez, monitor de judo do clube Senín de Cambados, para dar a coñecer este deporte de loita entre o alumnado de 1º, 3º e 5. Mañá volverá para presentarse aos alumn@s de 2º, 4º e 6º.

Practicamos as caídas, inmobilizacións, xiros, volteos, proxeccións,... en pouco tempo polo que, se vos interesa continuar aprendendo, debedes anotarvos ás sesións que organiza a ANPA fóra de horario lectivo.

Desde aquí animávosvos a tod@s!

 

 

 

 

 

 

 

 GALERÍA DE FOTOS

COÑECEMOS O BALONCESTO

O venres estivo no noso cole Finso, entrenador do clube de baloncesto Río Ulla de Pontecesures, para dar a coñecer este deporte entre o alumnado de 5º e 6º. Ademáis de facer uns xogos predeportivos moi divertidos, falounos sobre as ventaxas de practicalo e o funcionamento do seu clube.

 

Non hai máis que ver as fotos para darse conta do ben que o pasamos.

Non esquezades contactar co clube para continuar practicando!

SLACKLINE

Aproveitamos o bo tempo para montar no patio a nosa nova adquisición, un SLACKLINE  que nos vai axudar a traballar o equilibrio.

Aquí temos a Jose cos preparativos:

 

E cada un, co seu nivel de competencia, tenta cruzar ata o outro extremo:

 

 

 

 

E con isto, despedímonos ata o novo curso. Gozade do verán e de todo o que nos ofrece. Non esquezades correr e xogar mooooooooito!

BOAS VACACIÓNS PARA TOD@S!

XOGOS POPULARES

 Outro ano máis contamos coa colaboración da Asociación Cultural O Morasón, de Dodro, que nos prestan o material de xogos populares para desenvolver a UD na escola. Grazas a eles recuperamos xogos esquecidos: a chave, a rá, a petanca, as chapas,... tan divertidos e á vez tan necesarios.

 

 

 

 

 

Agradecemos a esta asociación o préstamo deste material e prometemos devolverllo e excelente estado.

PRACTICAMOS PIRAGÜISMO CO CLUBE AS TORRES DE CATOIRA.

Martes 11 de xuño, despois de aprazar a actividade polo mal tempo, por fin puidemos estrenarnos no río Ulla coa colaboración do clube As Torres. Tampouco atinamos co día ideal porque sopraba moito norte e a máis de un cáseque temos que remolcalo desde Carril. Pero, aínda así, gozamos coa piragua e a pá. E deunos tempo para facer vikingadas preto das Torres e máis para probar a auga medicinal que nace alí preto. 

 

 

 Co drakar vikingo ao fondo:

 Fermosa vista das Torres e os kayakistas nóveles:

 Probando a auga medicinal:

O grupo antes da actividade. Este ano non presentamos ningunha foto na auga, pois tanto Jose coma Lucía animáronse a padexar contra o vento GuayGuay

 Agradecemos a Aldara, David e Xoana, os monitores do clube As Torres, o esforzo e adicación que nos prestaron. 

Non esquezades contactar co clube para os cursos de iniciación que organizan no verán. O mellor plan: vacacións con deporte!

GALERÍA DE FOTOS

ACTIVIDADE INTERDISCIPLINAR II

Tal e como prometemos, volvemos. Despois do éxito da actividade interdisciplinar entre EF e inglés con grupos de 1º e 2º , decidimos repetir co resto dos agrupamentos.

Aquí nos tendes practicando as diferentes posicións de ioga: the cat, the lotus flower, the cobra, the flamingo, the rock , the rainbow in the sky, the elephant,... in ENGLISH!!! 

 

 

 

 

Ademáis de traballar a competencia lingüística compartimos un momento de actividade e relaxación cos nosos compañeir@s. Grazas teacher Merchy!

Powered by Drupal - Design by artinet