Actividades

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA

O 29 de abril conmemoramos o Día Internacional da Danza, foi o día do nacemento de Jean-George Noverre, bailarín francés considerado o creador do ballet moderno. Guiados por Mercedes Prieto celebramos este día no patio cuberto de Primaria. Homenaxeamos tamén a Yehudi Menuhin coa lectura de frases de diferentes autores relacionadas coa importancia do baile na vida das persoas que nos lembran a importancia da arte para o noso desenvolvemento. Unha frase de Voltaire reivindicaba a danza no mundo, xa que actualmente non se permite bailar en moitas culturas e sistemas políticos. Rematamos coa lectura dunha frase de Yehudi Menuhin "Soño coa transformación das fronteiras ata que sean invisibles. Así en vez de muros de aceiro, creariamos zonas de encontro entre os pobos”.

Rematamos bailando e dándonos cariño co Amaren Xango e co Pesiño.

Moitas grazas,  Mercedes! Verémonos pronto!

 

 

As nenas e os nenos de terceiro festexamos o Día de Rosalía.

O venres 23 de febreiro festexamos no colexio o Día de Rosalía de Castro. Na aula de terceiro aprendemos o poema da alborada e recitámolo nun acto que se celebrou ese día.

Contamos coa colaboración dos compañeiros e compañeiras de cuarto e quinto que nos acompañaron con música.

Aproveitamos tamén para facer caligramas co poema. Representamos o poema con debuxos de paxaros, de montes, árbores, sol,... Quedaron moi fermosos!

Foi un día moi divertido e pasámolo xenial.

 

Redacción: Adriana, Xoel, Martiño T., Alyson, Xeila e Marwan.

Fotografías: Vera, Martiño C., Dani, Sabina e Martín.

YACOUBA SAWADOGO

YACOUBA SAWADOGO

Os/as nenos/nenas de 5º fixemos un cómic sobre Yacouba Sawadogo, un agricultor de Burkina Faso que parou a seca mediante unha técnica de agricultura chamada ZaÏ, que consiste en facer uns buratos espazados entre sí.

Aquí tendes o resultado; agardamos que vos guste!!

Aqúí podedes ver todas as fotos

Cogomelos

A nosa sorpresa foi enorme cando saímos ao patio e o vimos cuberto de cogomelos. Son todos ben bonitiños.  Investiga de que variedades se trata.

Pechamos o curso 2022/2023 en Primaria

O alumnado e profesorado de Primaria celebrou o mércores 21 de xuño o fin do curso 2022/2023. Iniciamos a xornada con reflexións nas titorías e continuamos cun pouco de música e baile no patio e cunha magnífica obra representada polo alumnado que participa da actividade extraescolar de teatro, foi todo un éxito! 
Posteriormente gozamos dunha mostra de experimentos científicos a cargo de Arenaria. E por último, desfrutamos do FestiDodro. Este festival estivo cargado de actuacións musicais organizadas por parte do alumnado e dalgunha peza que traballaron na materia de música ao longo do curso. Esta actividade puxo fin a un curso cheo de experiencias e momentos compartidos. Agardamos que descansedes moito e gocedes destes meses de verán.  Bo verán! Vémonos en setembro. 
 
 
Aquí tedes todas as fotos.

CHARLA LGTBI

Boas familia, este luns 19 de xuño, tivemos na biblioteca unha Charla de LGTBI- impartida por Esperanza e Saleta ( alumnado de 2º da ESO), moi ben explicado para cada idade, un 1º turno - 4º/5º/6º e un segundo turno 1º/2º/3º:

Podedes ver aquí todas as fotos. 

RESUMOS PROGRAMA DE NUTRICIÓN

O alumnado de Primaria ó longo deste curso académico participou un Programa Anual sobre  Nutrición e Sostibilidade Infantil. 

Os contidos do Programa desenvolvéronse a través de  sete sesión para cada un dos niveis educativos. 

Na sexta sesión o alumnado de 1º e 2º  preparou hummus de garavanzos e outro de remolacha. Damos fe que  lles encantou facela e degustala.  Compartimos as receitas por se alguén de vós a quere probar.

 

 Na última actividade  o alumnado de 4º a 6º,  desprazouse  a un supermercado de Padrón e unha vez alí simulou facer unha compra saudable cunha cantidade de cartos pequena, atopando no supermercado alimentos nutritivos; desta maneira fomentouse a súa autonomía na compra. 

 

 

Aquí podedes ver toda a documentación dos traballos.

LABORES DE MANTEMENTO

Hoxe saímos con alumnxs voluntarixs de quinto e sexto para realizar os labores de mantemento nos nosos bancais. Sachamos e sacamos as malas herbas para que as plantas medren ben. Mágoa que non nos dea tempo a degustar a ensalada. En setembro continuaremos cos traballos!

 

Mais fotos aquí

 

Horto matemático

Os nenos-as de 2*, o xoves 1 de xuño, plantamos no horto do cole os nosos Xirasois que naceron na aula, cunha semilla- pipa americana e outra española, para logo ver a diferencia.

No horto estivemos matinando cómo as deberíamos de plantar, xa que somos 16 e tiñan que quedar  ben colocadiños. De ahí saíu a suma, pero logo a multiplicación: 4 filas de catro e así quedaríanos perfectamente aliñados no noso horto.
 
 

  

 
Aquí podes ver todas as fotos da actividade. 
 

Sementamos e plantamos

Ao longo desta semana saímos todos os grupos de E. Primaria a sementar e plantar na nosa horta. Leitugas, ravos, allo porro, cabazos, xirasois... Agora toca regar e agardar.
 
 
Aquí podes ver todas as fotos dos diferentes grupos de Primaria. 

Powered by Drupal - Design by artinet