Actividades

La aventura de aburrirse

O luns 28 de novembro o alumnado de 1* e 2* Primaria asistimos a esta obra de teatro na Fundación Abanca. Gozamos desta estupenda representación e aprendemos o valor do aburrimento e a imaxinación. Despois aproveitamos para coñecer Santiago: visitamos a Alameda, a praza do Obradoiro, merendamos na praza de Mazarelos, camiñamos pola cidade como peóns respectuosos... e ata xogamos nun parque! Pasámolo moi ben e aprendemos moito. Temos que repetiiiiirrr!

 

Aquí tedes o enlace ao vídeo da actividade. 

FORMACIÓN MUSE

Do día 25 ao 27 de novembro celebrouse en Miraflores de la Sierra (Madrid) un encontro entre escolas e artistas MUS-E. A Fundación Yehudi Menuhin brindounos a oportunidade de termos representación nestas xornadas. 

 

Puidemos profundizar no coñecemento desta metodoloxía na que a finalidade última é a transformación social tendo como potente ferramenta a arte. 
Durante estes tres días , arredor de oitenta artistas e docentes , asistimos a interesantes obradoiros , ponencias e compartimos as diferentes experiencias nos diversos contextos das escolas participantes.
Podedes observar fotografías dalgunha das actividades coma o teatro de sombras , danza ou a perspectiva de xénero a través do teatro.
Agora cómpre levar ao noso contexto o aprendido e seguirmos medrando ao abeiro da arte.
Máis información :
 
Fotografías
 

Repítese a maxia

O martes 22 de novembro recibimos a visita dos usuarios do Centro de Día de Dodro. O alumnado de 4⁰ da ESO interpretou O pezinho mentres bailaba o de 4⁰ de E.P. Logo houbo pezas musicais de 4⁰, 5⁰ e 6⁰ de E.P. que prepararon nas clases de música, intercambio de agasallos, compartimos momentos de xogo co trompo e o xogo As abelliñas de S. Miguel. Houbo tamén tempo para falar, contar historias e atopar xente coñecida: María José e a súa veciña de Lestrove; Fina, que acaba de ter unha bisneta chamada Noa, como a nosa Noa, e Magdalena e Dani Baleirón que xa son como amigos de toda a vida,...
Agradecemos a todo o persoal traballador no Centro de Día e tamén a Mercedes, colaboradora co programa MUSE, a súa implicación neste proxecto.
Dannos a vida estas visitas. 
Agardamos vernos pronto!
 
 
 
 
 

Aquí tedes o enlace ás fotos da actividade.

Nutrición e sostibilidade

O pasado venres 11 de novembro o alumnado de 5° e 6º de primaria tivo a oportunidade de descubrir moitas cousas sobre alimentación e hábitos saudables grazas a primeira charla impartida por Mariana dentro do programa de “Nutrición e Sostibilidade”

 

Hoxe no Centro de Día maxia

Martes 15 novembro, o alumnado de sexto acompañado por Dani, Mercedes e Jose visitamos o Centro de Día de Dodro. Alí representamos a coreografía que tiñamos preparada dentro do programa MUSE, contamos un conto, escoitamos e compartimos vivencias cos maiores. Historias como a de Joaquín, que traballou embarcado e coñeceu Australia e as islas Fidji ou Otilia, que está encantada no Centro porque alí non a fan traballar, Maruja, Fina, Orosinda, Amelia,... tantas persoas, tantas vivencias contadas e compartidas.
Fixéronnos pensar sobre o afortunadxs que somos porque antes na escola só aprendían a ler, escribir e contar.
Esta reflexión levounos a propoñer cartearnos. Xa fixemos as parellas e pronto nos poñeremos a escribir. Temos moitas cousas que contar e escoitar.
Ao final, cantando todxs xuntxs, despedímonos ata a próxima visita, que será en breve. Agardámosvos!
   
   
 
Aquí tedes o enlace ao vídeo e as fotos da actividade:
E neste outro enlace máis fotos.

Charla de nutrición 3° e 4° de Primaria.

O pasado venres, o alumnado de 3⁰ e 4⁰ de Educación Primaria asistiu á primeira das charlas sobre nutrición que se organizan no centro. Os nenos e nenas estiveron moi participativos falando sobre os alimentos máis beneficiosos e os nutrientes que nos aportan e tamén viron algunha idea saudable para comer antes de vir ao cole. Agardamos con moitas ganas a próxima visita da nutricionista! 

 

Cans no camiño

Os alumnos e alumnas de sexto de primaria de Valores Sociais e Cívicos elaboraron este mural sobre unha noticia aparecida nos medios realtiva aos peregrinos que levaban os cans dalgunhas das aldeas polas que pasa o Camiño de Santiago.
O alumnado fixo unha reflexión sobre a irresponsabilidade deste feito e plasmou nun mural información para que as persoas non fagan este dano, ás veces, irreparable.
Esperamos que vos guste.

VI sesión MUSE

Nas sesións MUSE de hoxe continuamos preparando as coreografías para compartir cos nosos maiores en datas vindeiras. Cada quen coa súa tarefa, avanzando en grupo.
Tamén houbo formacion para profes durante o recreo, na que traballamos a cohesion de grupo e explicamos unha tarefa de matemáticas a través da danza. Todo isto, mediante as dinámicas MUSE que nos presenta Mercedes, a quen agradecemos a súa implicación e aportación semanal.
Enlace ás imaxes e vídeos.
 

 

MUS-E SESIÓN IV

Na sesión MUSE desta semana en cuarto e sexto estivemos traballando sobre a coreografía que estamos a preparar. En primeiro e segundo lembramos o Amaren xango e repasamos as horas coa canción do esquelete para poñernos a punto para o SAMAÍN.

  

 ENLACE AO VÍDEO

III SESIÓN MUS-E

O martes 18 outubro desenvolvemos a terceira sesión MUSE con Mercedes. Co alumnado de sexto traballamos a toma de conciencia do espazo, a interacción cxs compañeirxs e puxemos en práctica os primeiros pasos no maneo. Tamén practicamos varios bailes tradicionais galegos como a Carballesa con quinto, o gharutiño e pesiño cos de 3° e pesiño con cuarto.
Gústanos moito compartir estas actividades e estes momentos MUSE.

 

Moitas grazas, Merce!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet