Actividades

Un toque de cor

 
 
Para a celebración do día grande das Letras Galegas e dos Maios, o alumnado de 5º de Educación Primaria decorou con moitas cores os seus paus para acompañar as coplas que elaboraron todos/as coa supervisión das mestras e que recitaron arredor do Maio ao ritmo que eles/as mesmos marcaron cos seus paus. Para a creación rítmica contaron coa axuda da mestra de música Carolina.  
 
O resultado, froito de moitos ensaios, foi marabilloso! 
 
 
 

Aquí podes ver todas as fotos da actividade. 

Traballos do alumnado de terceiro

 

Ao longo das últimas semanas, as alumnas e alumnos de 3⁰ de EP realizaron varios traballos en grupo nos cales tiveron que poñerse de acordo no deseño e elaboración, investigar para recoller a información e, por último, expoñer todo o seu traballo diante do resto da clase. Ademais de divertirnos moito, serviunos para repasar os temas que xa traballaramos previamente. Agora están expostos para que o resto de clases poida ver o ben que traballaron. Seguro que repetiremos! 
 
 

Abonado

Contamos coa colaboración de catro altruístas de sexto para o labor de abonado dos bancais. Listos para a sementeira!

 
 
 
 

INICIAMOS O TRABALLO NA HORTA

Con bastante retraso e ferramentas manuais iniciamos este ano o traballo de limpeza nos nosos bancais. O alumnado de quinto empregouse a fondo arrancando malas herbas. Mañá continuaremos coa tarefa!
 
Aquí podedes ver todas as fotos da actividade. 

Os maios

Traballo sobre os Maios feito polo alumnado de 4° de Primaria. 

Aquí tedes o enlace á presentación e aquí todas as fotos. 

 
 

Saída nutrición supermercado

O mércores día 3 de maio o alumnado 3°, 4°, 5° e 6° de Primaria fixeron unha saída ó Gadis de Padrón, dentro do Programa Anual de Nutrición  e Sostibilidade.

O alumnado realizou unha compra ficticia  de alimentos saudables.

 

Aquí podes ver todas as fotos e vídeos. 

Creamos un folleto turístico

Moi orixinal o traballo que fixemos o alumnado de sexto de E. Primaria xa que creamos os nosos folletos turísticos dun lugar de Dodro ou arredores. Tamén, moi bonito o cartel que fixeron as nosas compañeiras María e Carmen. 

 

Debuxamos

Despois da actividade compartida co CRA plasmamos en debuxo as nosas sensacións. Que ben loce o noso taboleiro! 

 

Carteis para o composteiro

O noso compañeiro Dani R. elaborou estes  fermosos carteis para concienciarnos da importancia dunha boa escolla dos residuos para o composteiro. Mirade que ben loce!

Grazas, Dani! 

 

Sexta sesión MUSE

O mércores 26 de abril tivemos a última sesión MUSE deste trimestre. Asistiron un bo número de familias que bailaron connosco diferentes danzas  do mundo. Mercedes explicounos a fondo en que consiste este programa que tanto nos aporta e confiamos en seguir mantendo en cursos vindeiros. 

Aprendemos moito e pasámolo moi ben todxs xuntxs!

Verémonos de novo en setembro.

 

Aquí podedes ver todas as fotos e vídeos da actividade.

Powered by Drupal - Design by artinet