Aberto o prazo para a solicitude de participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en educación secundaria obrigatoria para o curso 2018-19.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibro (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Poden consultar a convocatoria nos enlaces:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20180521_fondosolidario.pdf
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25042
A DATA LÍMITE DE ENTREGA É O DÍA 22 DE XUÑO E NON SE ADMITIRÁN SOLICITUDES FÓRA DE PRAZO.