SAMAÍN 2020

MEIGAS FÓRA!!!

Aínda que pensándoo ben, tal e como está o panorama dos últimos tempos,  mellor será invocarmos todas as axudas posibles, incluídas as meigas. Sentidiño e recursiños!!

Que tal entón un

" VALÉDENOS, OH MEIGAS!

FACÉDEVOS BOAS NA SEXTA FEIRA

E CEIBÁDENOS DESTA PANDEMIA

COVID FÓRA!!!"

Este venres non quedamos sen celebración do SAMAÍN, así que  asistimos ás aulas cos nosos disfraces arredor da temática das MEIGAS (meigas, gatos negros, sapos, morcegos, demos, curuxas, esqueletos, virus...). Iso si, as únicas máscaras permitidas foron as de protección contra a Covid. E nada de obxectos intercambiables ( potes, vasoiras, coitelos...)! Queremos un ESCONXURO COMPLETAMENTE SEGURO. Porque... Que fixemos? ESCONXURAR O CORONAVIRUS! TREMENDO AQUELARRE!
No recreo grande lemos no patio os esconxuros que cada grupo-clase estivo a preparar estes días. Houbo un premio para o mellor esconxuro de Primaria e o mellor de Secundaria. Os textos gañadores imprimiranse sobre máscaras covid que cumpran coas especificacións técnicas do estándar de calidade UNE. Estas máscaras serán agasalladas a todo o alumnado do Centro.

"No Samaín do Eusebio,
o virus ao caldeiro,
coa axuda das meigas,
coa axuda  das máscaras,
 que habelas, hainas!"

 

 

E os gañadores do concurso de Esconxuros 2020-2021 foron 6º de Primaria e 2º de ESO B!!!. NORABOA GAÑADORES!!!

 

ESCONXURO ( 6º Primaria)

Xel hidroalcólico, máscara salvadora,

con esta protección, 

boto o virus fóra.

 

Covid meigo, virus traicioneiro,

marcha maldición e permite a diversión.

 

Lúa chea, luva branca,

ao confinamento espanta.

 

Mantén a distancia, non toques nada,

non sexas ignorante, non vaias de parranda.

 

Pandemia, pandemia,

non es nada bonita,

que esta noite, é a miña favorita.

 

Invoca a vacina, 

fermosa cura,

na noite escura.

 

COVID FÓRA!

 

NeverFóra ( 2º ESO B)

 

Invocamos os poderes máis antigos

da peste “neghra” e a “ghripe” española.

Con esta pócema feita de pel de cadáver primitivo,

escamas de peixe de Angola

e dun pano cheo de mocos usado ata chorrear.

Levade ó “paquetoi do coronaviros fóra de aquí xa!

“Isssa, Isssa”!

Aliñamos a pandemia cun chorriño de hidroxel

e unha volta ás clases con ganas de morrer.

Déixame as troulas e quedadas que habería.

Que se vaia “de eiquí” esta pandemia cabría!

“Isssa, Isssa”!

Déixate de olas e de Rianxeiras e embárcate á extinción.

“Isssa, Isssa”

 

 



 



 

 

ENLACE AOS ESCONXUROS

GALERÍA DE SAMAFOTOS

GALERÍA DE SAMAVÍDEOS

Powered by Drupal - Design by artinet