O SEPRONA VISITA O CENTRO

Dous amables axentes do Servizo de SEPRONA da Garda Civil visitaron o noso centro para realizar as pesquisas precisas sobre o ataque ao noso gatiño Mon Chéri. Tiveron a ocasión de examinar os perdigóns extraídos quirúrxicamente ao animaliño, quen por certo vai recuperando bastante ben ( xa ten a patiña case soldada).

 Esperamos que a investigación oficial por parte destes axentes e as consecuencias derivadas dela disuadan a quen se adica a estas vergoñentas prácticas e poidamos asegurar que no noso concello non se realizan accións que poidan ser consideradas como maltrato animal.

Por outra banda, o gatiño será entregado , se todo vai segundo o esperado, a finais desta semana a unha persoa que o adoptará e coidará del para que teña unha vida tranquila e feliz. Dámoslle as grazas a Elvira que, estamos seguros, ofreceralle un fogar e moito agarimo.

GRAZAS ELVIRA!!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet