FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023.


 
Publicada a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
 
Poden consultar a dita orde no seguinte enlace:
 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220518/AnuncioG0598-020522-0001_gl.pdf
 
Segundo indica a norma, non haberá cambio de libros en 4º e 6º de educación primaria nin tampouco e 2º e 4º de educación secundaria. Si haberá cambio de libros en 3º e 5º de primaria e tamén en 1º e 3º de ESO.
 
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada. Para a presentación electrónica de solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non se tramitarán solicitudes polo correo electrónico.
 
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
 
O prazo para presentar as solicitudes remata o 22 de xuño de 2022 (este incluído). Calquera solicitude presentada despois deste día será excluída.
 
É recomendable o uso de mascarilla no interior do centro educativo no caso de ter que acceder ao mesmo para xestións administrativas ou de calquera outra índole.

Powered by Drupal - Design by artinet