CONVOCATORIA FONDO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 23-24

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024.
 
Publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
 
Poden consultar a dita orde no seguinte enlace:
 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.pdf
 
Con respecto ao fondo solidario, haberá cambio de libros en 4º e 6º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria. No resto dos cursos manteranse os libros de texto do curso 2022/2023.
 
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia  https://sede.xunta.gal/portada. Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
 
Non se tramitarán solicitudes polo correo electrónico.
 
Opcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
 
O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de xuño de 2023 (este incluído). Calquera solicitude presentada despois deste día será excluída.
 
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO DE 09:00 a 14:00
 
 
 

Powered by Drupal - Design by artinet