Colaboración co CEEPR Amicos

O CPIP Eusebio Lorenzo Baleirón súmase á actividade organizada polo CEEPR da  Asociación AMICOS para conmemorar o Día da Paz. Aquí podedes ver o vídeo da actividade. Ademais, o día 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Fixémolo recordando algúns dos principios fundamentais da Declaración Universal dos Dereitos da Infancia, para constatarmos que non se están a respectar nos diferentes países que na actualidade están en situación de guerra. E construímos entre todo o cole unha mensaxe ben clara, que o mundo enteiro debera entender: "A violencia esGAZA a infancia", convertendo Gaza no símbolo de todas as nenas e nenos que sofren no mundo. Nesta ligazón tedes as fotos da actividade. 

Non á violencia, non á guerra. Non, no noso nome.

Powered by Drupal - Design by artinet