Visita do CRA á biblioteca Anxo Angueira

Hoxe visitou a biblio Anxo Angueira a rapazada das escolas rurais.

Un grupo de alumnado de Primaria, co departamento de Orientación ( Belén e Toño) adaptaron un contiño que representaron no patio, despois subieron á biblio e pintaron, pegaron, recortaron e montaron os seus marcapáxinas, Lara Muiños e Sara Devesa, de 2º de ESO, léron con eles o libro Qué quieres ser de mayor? Igual atoparon algunha vocación agochada! E, antes de marchar, tiveron tempo para curiosear e xogar un chisquiño. Esperamos que volvan ... xa os botamos de menos!

Aquí podedes ver todas as fotos. 

Powered by Drupal - Design by artinet