CONCURSO LITERARIO 17 DE MAIO

Bases:

Establécense dúas modalidades:

- Microrrelato de 33  palabras exactas.

- Haiku (poema breve de 3 versos, cun cómputo silábico exacto de 5-7-5, sen rima; a temática soe combinar a observación minuciosa dalgún detalle da  natureza ou do entorno xunto coa expresión dun estado de ánimo ou sentimento lírico)

Tanto o microrrelato como o haiku deben estar escritos en lingua galega e deben ser orixinais.

O prazo de presentación remata o luns 9 de maio.

En Primaria establécense dous premios por cada modalidade e aula e, en secundaria un único premio por modalidade e aula.

Os textos deben presentarse a limpo e con letra lexible, indicando nome e apelidos do autor/a, e o curso ao que pertence.

O xurado estará composto por profesorado do Centro e poderá declarar deserto un premio en calquera das categorías se así o estima oportuno.

A entrega de premios efectuarase o venres día 13 de maio durante o festival das Letras Galegas.

Powered by Drupal - Design by artinet