PLANTACIÓN DE ACIVROS

O pasado venres 16 de marzo realizamos o transplante dos nosos carballos a uns recipientes máis grandes xa que, debido a este tempo de sequía, non os puidemos plantar no monte.  Os recipientes foron traídos da casa polos nosos alumnos e alumnas que, como bos ecoloxistas, procuraron materiais de refugallo como caldeiros e macetas vellas. Tamén levamos a cabo a  plantación de catro preciosos acivros cedidos xenerosamente pola Asociación de Comerciantes do Concello de Padrón.

Coma sempre as nosas fotos na galería en "PLANTACIÓN DE ACIVROS".

 

Powered by Drupal - Design by artinet