CLAUSURA DA EXPOSICIÓN "QUERIDO BALBINO"

O luns 22 de abril, o centro contou coa presenza de Xosé Neira Vilas co motivo da clausura da exposición adicada ás "Memorias dun neno labrego". Trala súa intervención, o alumnado tivo a oportunidade de formularlle algunhas preguntas.

O acto contou coa presenza do alcalde de Dodro, Valentín Alfonsín (á esquerda do escritor), así como do Secretario Xeral de Política Lingüística (á esquerda do alcalde), Valentín García. Á dereita do autor, o director do centro Rafael Ruanova.

Powered by Drupal - Design by artinet