DÍA DE ROSALÍA

Informamos de que este mércores 24 de febreiro imos celebrar no colexio o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, símbolo universal da cultura galega. Con este motivo sumámonos á celebración MobilizaRosalía, na que o alumnado da ESO, durante a Hora de Ler, e a través dos teléfonos móbiles ou dos ordenadores, vai compartir un verso de Rosalía cos seus contactos (sempre baixo a supervisión do profesorado). En canto ao alumnado de Primaria, levará para a casa unha sorpresa moi especial.

 

Así mesmo, convidamos ás familias do alumnado a que celebren este día difundindo un verso de Rosalía a través das redes sociais, acompañado da etiqueta MobilizaRosalía. A nosa proposta de envío é o seguinte verso da autora:

 

        “Trocando en sonrisas / queixas e choros”

 

Outra homenaxe que está na man de todos nós é agasallar cun libro en galego e unha rosa neste Día de Rosalía, como mostra de compromiso activo coa literatura que ela axudou a nacer.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración e Feliz Día de Rosalía!

Powered by Drupal - Design by artinet