Novas

MÁIS ACTIVIDADES DO CONCELLO

Adxuntamos información de novas actividades organizadas polo concello:

ACTIVIDADES DE NADAL NO CONCELLO

Información sobre novas actividades organizadas polo concello de Dodro durante o Nadal.

ACTIVIDADES DE NADAL NO CONCELLO

O Concello de Dodro desenvolverá, nas vindeiras datas, distintas actividades que poden ser do seu interese. Achegamos toda a información nos documentos adxuntos.
Graciñas, un saúdo.

 

 

 

NADAL CIENTÍFICO

Arenaria Coordinadora organiza actividades científicas moi interesantes para este Nadal.

Toda a información no enlace:

http://arenariacoordinacion.com/nadalcientifico/

ACTIVIDADES MUNICIPAIS

Actividades de interese para as familias:

 

 

SAMAGOSTO 2019-2020

 

O martes 29 de outubro celebramos o Samagosto no noso centro. Houbo diversas actividades...

...decoración con cabazos e decoración do patio e ata pócimas realizadas polo profesorado e alumnado de primaria


Tamén desfrutamos da actuación de Raquel Queizás " O Eco das Pedras" coa que algúns alumnos e alumnas quedaron abraiados..

A continuación o alumnado de secundaria participou no desfile concurso "EU PENO QUE NON DOU PENA" no que actuaron como xurado tres das nosas terroríficas profes..

 

 

Os agraciados recibiron un chulísimo agasallo pola súa creatividade á hora de expresar por que penan como almas sen sosego. Foron Álex Seco de 2º B e Naira Ferreirós de 1º

NORABOA AOS DOUS!!

 Unha vez rematado o desfile, pasamos ao patio exterior para degustar castañas que a ANPA se encargou de asar (GRAZAS MIL) e divertirnos cos xogos organizados dende os departamentos de Educación Física de primaria e secundaria

 

E tamén o equipo de biblioteca do centro chiscoulle un ollo ao Samaín  coas súas actividades durante os tempos de lecer.


 GALERÍAS DE FOTOS:

CABAZOS E DECORACIÓN

ACTUACIÓN RAQUEL QUEIZÁS

DESFILE CONCURSO

CASTAÑAS E XOGOS

 

 

CARREIRA PEDESTRE

Na imaxe poden obter información sobre a carreira pedestre organizada polo Concello de Dodro.

ACTIVIDADES DE OUTONO NO CONCELLO

Achegamos información de dúas actividades que terán lugar na Casa da Cultura nos vindeiros días, trátanse dun contacontos e sesión de Escrita Chinesa, o Día da Bibliteca, e un obradoiro creativo polo o Samaín, o 31 de outubro. En ambos casos poden participar nenas/os de 5 a 12 anos pero requírese inscrición previa.

SAMAGOSTO

O día 29 de outubro celebraremos o SAMAGOSTO coa actuación de Raquel Queizás " O eco das pedras" e o noso desfile-concurso de carteis " Eu peno (que non fou pena) por:....", no que  alumnado e profesorado, disfrazados de Santa Compaña, terá que confesar por que pena segundo o modelo da foto....

Tamén haberá degustación de castañas asadas por cortesía da ANPA de Dodro.

Publicaremos fotos e os gañadores do concurso.

Ánimo e a darlle ao coco!!

 

Tamén a nosa biblioteca se viste de terror  con títulos realmente espeluznantes que o alumnado pode levar para casa e desfrutar pasando medo!!


Powered by Drupal - Design by artinet