no seu despregar
no seu despregar
O alumnado de 2.º de EP centrou o seu proxecto na saúde bucodental e, entre outros moitos traballos, realizou unha maqueta do interior da boca e un experimento con ósos, ovo e vinagre do que podedes ver, no enlace, unha mostra . Os resultados permitíronlle comprender mellor a causa da caries dental e a maneira de evitala.
En 4º de primaria centráronse máis no tema da alimentación saudable.
En 6º presentaron maquetas das células animais e vexetais e aparellos do corpo humano.
O alumnado de 1º de ESO presentou as súas maquetas de ciencias naturais.
En 2º, 3º e 4º de ESO tamén expuxeron as maquetas de Tecnoloxía e montaron as cúpulas de Leonardo.
O alumnado de primaria elaborou instrumentos musicais feitos con material de refugallo e tamén traballos "bilingual" por parte da mestra de inglés.
Houbo tamén concursos de "Rosco das Partes do Corpo", xogo interactivo con preguntas sobre a temática do proxecto anual, stand de tatuaxes realizados polo alumnado de 4º de ESO, sesións de photocall do cal tedes mais info no noso Facebook.....
Tamén contamos con recomendacións e empréstito de libros da biblio para o verán.
Parece que o Club de Lectura de Adultos está a dar os seus froitos. Varias familias xa se animaron coa primeira obra e as opinións son moi favorables.
Esperamos ir animando a máis familias!!!.
Máis información no noso Facebook.
Este curso, o alumnado de 3º e 4º de ESO, adicou parte do seu tempo a acondicionar unha zona exterior onde imos situar o noso "recuncho de acougo e canto" de xeito que teremos un lugar para o repouso e para facer actividades no exterior e lembraremos ao mesmo tempo ao poeta que dá nome ao noso centro.
Ata o de agora fixemos os carteis que marcarán o lugar onde teremos o recuncho e, unha vez rematados e colocados estes carteis, procederemos a acondicionar a zona de acougo cuns bancos feitos con troncos de árbores que a Comunidade de Montes Cruz de Avelán aportou xenerosamente e a quen lle agradecemos a súa colaboración.
Tamén foron colocados, coa colaboración de persoal do concello, unha mesa e un banco, este último cedido ao centro polo propio concello, a quen agradecemos a súa colaboración. Este espazo será utilizado para múltiples actividades dende merendas ata actividades académicas desenvolvidas á sombra das árbores.
Celebramos o Día das Nosas Letras con recitado de poemas de Florencio Delgado, música e baile. Alumnos e alumnas do centro ensaiairon os diferentes pasos para despois ilustrarnos e guiarnos a tod@s o día da celebración. Outro grupo de alumnado ensaiou as cancións para tocar. Foi o noso "Airiños de Baleirón". A tod@s eles e elas moitas grazas polo esforzo realizado e polo gran traballo que fixeron!!!.
Momento do ensaio
A celebración foi un éxito e, o mellor de todo, divertida, moi divertida!!. Na galería de fotos e vídeos poderedes ver canto desfrutamos.
Tamén tedes máis info e podedes ver vídeos do recitado no noso Facebook:
Un ano máis o noso alumnado de 3º e 4º de ESO acada éxitos no Club de Debate!!!!. Traballazo fantástico do alumnado e das profes implicadas que rematou co 2º Premio na final do club de Debate que se celebrou o venres día 6 de Maio en Pontevedra. PARABÉNS !!!. Estamos moi orgullos@s de tod@s vós!!!
Enlace a O NOSO EUSEBIO
Celebramos o Día de Rosalía creando un fermoso vídeo que nos fala da sombra de Rosalía...que non é negra, non, non o é.
ENLACE AO FACEBOOK O NOSO EUSEBIO
Tamén os pequechos de 1º homenaxearon á nosa poeta cun marabilloso mural:
O 25 de xaneiro de 2022 o noso poeta dodrense cumpliría 60 anos. A páxina de O Noso Eusebio recolle o traballo do equipo de Dianmización Lingüística sobre esta sinalada data...
Iniciamos, co alumnado de 3º e 4º de ESO, unha nova edición do Club de Debate. Con moitas ganas e un equipo fantástico.
Hoxe inauguramos esta andadura cunha intensa sesión de formación. Intensa pero moi interesante e instrutiva...
Coma sempre, o equipo de Dinamización Lingüística do centro fai a súa publicación no Facebook:
O noso centro súmase aos actos contra a violencia contra as mulleres coa elaboración dunha figura e a utilización de fragmentos dun poema de Eusebio Lorenzo Baleirón que expresa o sentir da nosa comunidade educativa fronte aos aínda non erradicados comportamentos de maltrato contra as mulleres.
Eu serei nesta hora
esa Ariadna que voa.
[...]
O meu ser ten a forma do meu
pensamento
e desexo envellecer aquí
e non dar co final do novelo.
Esta é a condena que pesa sobre min.
Non quero ser salvada.
O alumnado de 4º de ESO foi o encargado de construir a figura da nosa "Ariadna" e de presentar o acto coa lectura do poema de Eusebio, unha explicación sobre o mito de Ariadna e unha explicación de sobre a necesidade de sensibilizar ao respecto destas situacións de violencia machista. A actividade conmemorativa consistiu no traballo por aula, tras unha seria reflexión, dunha palabra que poidese ser un "lastre" para o bo da nosa figura de tal xeito que, unha vez cortados os fíos que retiñan a Ariadna, esta poidera voar libre, sen ataduras....
O alumnado de segundo de primaria leu un fermoso manifesto a favor da muller..
Finalmente, o alumnado de 1º de primaria cortou o último fío ...........e Ariadna voou libre!
Ademais, o alumnado e profesorado de nova incorporación ao centro, cruzou, coma cada curso, a nosa porta violeta
Ao lado da porta violeta tamén onde tamén repousará Ariadna unha tempada para lembrarnos que esta non é unha loita dun so día
FOTOS DA ELABORACIÓN DA FIGURA
GALERÍA DE FOTOS DO ALUMNADO E PROFESORADO NOVO CRUZANDO A PORTA VIOLETA
FOTOS DE ARIADNA XUNTO Á PORTA VIOLETA
ENLACE AO FACEBOOK O NOSO EUSEBIO
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |