Curso 20-21

COMPOSTEIRO

Xa temos instalado o novo composteiro. Está na entrada do edificio de Primaria, debaixo do loureiro real.

Aquí o temos agardando polos residuos orgánicos das nosas merendas.

Déixovos un ENLACE no que podedes aprender cuestións importantes sobre a compostaxe.

LIBROS PARA SALVAR O PLANETA

 No mes da ciencia nas bibliotecas queremos presentarvos as recomendacions lectoras de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil):

EMERXENCIA LITERARIA. LIBROS PARA SALVAR O PLANETA

Vivimos tempos de alarma, de emerxencia climática, un estado de cousas que derivan do maltrato á natureza, de vivir de costas a ela.

É salientable a fazaña de Greta Thunberg, a rapaza que comezou unha folga escolar polo clima cando tiña quince anos e foi recoñecida mundialmente. Isto fainos pensar que a rapazada vai ter que seguir asumindo responsabilidades pois, se as cousas non cambian, será a mocidade quen teña que converterse en activista na defensa do medio ambiente.

Necesitarán, para poder levalo a cabo, libros nos que apoiarse, historias que lles axuden a espertar, a decatarse de que é necesario actuar para que ninguén acabe co seu mundo.

Os libros están aquí, veñen dereitiños a atender a urxencia, porque tamén eles queren salvar o planeta.

No enlace podedes acceder á páxina de "O Salón" onde podedes descargar a bibliografía, unha chea de títulos que seguro van ser atractivos para vós:

ENLACE

POBO CON CONCIENCIA ANIMAL

Moaña (Pontevedra) exhibe no seu paseo marítimo o primeiro monumento de Europa aos animais abandonados.

Grazas Moaña!.

 

ENLACE Á NOVA

A NOVA CAMA DO GATO

Hoxe, coa axuda do alumnado de 2º de ESO B, renovamos a caseta do gatiño. Quedou moi chula e moi moderna:

Parece que lle gusta que xa foi botar unha ollada...

...e de paso picar algo...

Ao final, decidimos colocala un pouco elevada do chan para que estivera máis aillada do frío. O resultado final podedes velo na imaxe:

 

O NOSO GATIÑO

O noso amigo está de volta. Este curso máis confiado que nunca......

Desparasitado e mantido pero non pode coller tantas confianzas..para evitar que ande polos departamentos, puxémoslle unha camiña na entrada e parece que lle gusta..

Agora queda poñerlle nome.

 

Powered by Drupal - Design by artinet