CURSO 22-23. Interxerando

Actividade de convivencia co Centro de Día

 

Desde o Departamento de Orientación convidouse á representación e participación do conto “Avòs”, por parte dun grupo de alumnado de primaria. Tamén actuou o grupo de sexto que tocou “ No Salón das Cereixas”. A xornada rematou con baile cos nosos maiores. Que ben o pasamos!

 

Aquí podedes ver todas as fotos da actividade. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Informática co Centro de Día

Interxerando en informática
Hoxe recibimos no cole a Joaquín, Jesús, Madalena, Sofía e Carmucha, usuarios do Centro de Día, para desenvolver unha actividade na aula de informática xunto co alumnado de segundo de E. Primaria.
Como chegaron moi cedo aproveitamos para xogar ás bólas cxs nenxs de sexto, lembrando tempos de antes. A continuación dirixímonos á aula e, despois de presentarnos e abrir o noso blog, estivemos aprendendo a manexar o rato, xogando a sombras de animais, escaleira de palabras, adiviñas e refráns escritas en word... Para finalizar, agasallámolos cunha plantiña de millo que deberán coidar a ver se florece, cunha cariñosa aperta e a promesa de volver outro día para seguir compartindo saberes.
Aquí podedes ver o vídeo da actividade. 

Correspondencia co Centro de Día

Despois da visita ao CPI, o aumnado de sexto inicia correspondencia cos usuarios do Centro de Día.

Aí van as cartas con experiencias, anécdotas persoais, algún debuxiño e moitos bos desexos.
Agardamos que as reciban con agrado e que nos respondan, a ser posible, en breve!

Powered by Drupal - Design by artinet