Calendario das probas, orais e escritas, de todos os idiomas e niveis da CONVOCATORIA ORDINARIA. Maio - xuño 2024

Podes consultar todas as convocatorias das probas de certificación e promoción  desta escola, do alumnado presencial e alumnado do programa CUALE, nos seguintes enlaces.

ALEMÁN     FRANCÉS     INGLÉS BURELA     INGLÉS VIVEIRO     ITALIANO

Probas de certificación. Réxime oficial. Curso 2023/24

Instrución 1/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial para o curso 2023/24.

O alumnado do programa CUALE disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria.

Nos anexos VI e VII podes consultar as datas da convocatoria ordinaria e da convocatoria extraordinaria da parte escrita dos niveis B2, C1 e C2. Na publicación anterior podes consultar as convocatorias coas datas da parte escrita e da parte oral de todos os niveis dos idiomas que se imparten na EOI de Viveiro Luz Pozo Garza.

 Máis información sobre as probas de certificación...

Acceso a CentrosNet

Para entrar en CentrosNet debes pulsar nunha das imaxes que están na parte superior dereita desta páxina; Viveiro ou Burela dependendo de cada caso.

Se entras por primeira vez segue estas instrucións. Se xa entraches pero tes dúbidas de como cubrir cada campo na pantalla de acceso, repasa o punto 4 das anteriores instrucións.

Se xa entraches en CentrosNet e creaches o teu contrasinal persoal pero non o recordas, segue estas instrucións.

Se non estás seguro de se creaches o teu contrasinal persoal ou non coñeces algún dos campos a cubrir na páxina de acceso, ponte en contacto por teléfono (982551745) ou presencialmente coa secretaría da escola.

No campo USUARIO, se non sabes o teu número de expediente (ten cinco díxitos), podes substituílo pola túa DATA DE NACEMENTO co formato: DD/MM/AAAA.

Distribuir contido