Información xeral

Información xeral do programa That's English!

- Páxina oficial do programa That's English!

- O alumnado que segue o programa That's English! na Escola Oficial de Idiomas de Viveiro Luz Pozo Garza pertence á Escola Oficial de Idiomas de Lugo, pincha aquí para ver o enlace á súa páxina.

 

MATRÍCULA PARA O CURSO 2023/24

PRAZO DE MATRÍCULA: Pechado

- A inscrición realizarase por vía telemática a través da páxina web www.thatsenglish.com , e o pagamento poderase realizar por vía telemática ou de forma presencial.

- O alumnado que se matricule por primeira vez nun curso deberá aboar a cantidade de 200€, salvo as reducións de prezo contempladas nos apartados 3.7 a 3.12 da circular 6/2023.

- Recomendamos que leas a circular 6/2023, que regula o programa That's English! para o curso 2023/24.

- Poderá acceder ao curso que corresponda dos niveis A2, B1, B2 ou C1 quen acredite o dominio das competencias mediante a proba VIA (Valoración inicial do alumnado). Esta proba vai dirixida a aquelas persoas que, tendo coñecementos previos de inglés (e non poidan demostralos mediante titulación), desexen acceder a un curso distinto de primeiro de nivel básico e desenvolverase de acordo co punto 2.2 da circular 6/2023.

Calendario de exames e avaliacións. Curso 2023/24.

 

PROBAS DE CERTIFICACIÓN.

  • O alumnado do programa That's English! non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación.
  • O alumnado do programa That's English! terá que superar a proba de certificación de nivel básico A2 ao remate do módulo A2.4 para acadar a certificación do dito nivel.
  • O alumnado do programa That's English! terá que superar a proba de certificación de nivel intermedio B1 ao remate do módulo B1.2 para acadar a certificación do dito nivel.
  • O alumnado do programa That's English! terá que superar a proba de certificación de nivel intermedio B2 ao remate do módulo B2.4 para acadar a certificación do dito nivel.
  • O alumnado do programa That's English! terá que superar a proba de certificación de nivel intermedio C1 ao remate do módulo C1.2 para acadar a certificación do dito nivel.
Distribuir contido